Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

ogaiago ogaiago

Comentarios
Cando non hai placa que poña onde estás. Toponimia e Patrimonio na Coruña
Non todos os lugares atinxidos pola proposta están no distrito 8.
Uso do idioma galego na sinalización viaria
O goberno da Marea avanzou entre moi pouco e nada en normalización lingüística na cidade. Se podes pórme aquí os exemplos, agradeceríacho, porque eu non os percibín.
Uso do idioma galego na sinalización viaria
Vota as que che parezan a ti prioridades. Moitos pensamos que desde o 78 houbo así algún momentiño para irmos avanzando neste tema. Como para pospolo máis
Paseo peatonal de la fachada marítima entre Os Castros y el Pasaje
Marabillosa toda a proposta. A fachada da ría merece moito máis
Plantación de más árboles, plantas y flores en toda la ciudad
É de xustiza recoñecer que o actual equipo de goberno xa está a facer moitísimo en humanización e axardinamento de rúas. Están a tomar o asunto máis en serio que calquera alcalde anterior.
MELLORA MUSEALIZACIÓN AQUARIUM FINISTERRAE
Fantasías de Paco Vázquez que dan para o que dan. Se hai cartos para melloralo, adiante. Se non, non o acharei de menos se o quitan.
Reforma de la Calle Dama
A min o que me aterra é o nome oficial da rúa desde que souben que se cambiou en tempos porque rúa das Donas (probablemente polas fillas de AfonsoVIII) debía soar demasiado galego. Damas é máis finolis.
Uso do idioma galego na sinalización viaria
Apoio total. Empezando por estes carteis e a seguir polas placas co nome das rúas: *Payo Gómez/Paio Gómez (ou Gomes), *Buenos Aires/Bos Aires, *Riego de Agua/Rego de Auga, *Plazuela de los Ángeles/Praciña dos Anxos, *Caballeros/Cabaleiros (ou mellor, Alcabaleiros, nome orixinal). E o mesmo cos nomes dos santos, Santo André, San Domingos, San Xosé, Santa Catarina. Despois a xente que as chame como queira, que tamén hai quen segue a dicir Vivero, pero a sinalización debe ser no idioma galego.
Recuperación da Fonte dos Caños en Eirís de Abaixo. Patrimonio en perigo.
Síntoo, non lin este comentario a tempo e voteina onte, pensando que o Concello entendera que a rehabilitación dunha fonte consistía en reconectala ao manancial que a alimentaba. No caso de que esta proposta saia elixida, que entenda o Concello que os votantes apoiamos a reclamación orixinal dos veciños e non a interpretación do concello que se reflicte no informe de custo.
Reparacion milenium
Pues yo creo que no merece la pena gastar ni un euro en esta horterada. Estaría bien desmontarlo incluso.
AMPLIACIÓN ACERA CALLE SINFONICA DE GALICIA
Esta rúa ten moito que mellorar. É unha vía de dous carrís (en teoría) pero pola que é imposible que circulen dous coches á mesma altura por culpa de que o aparcamento é en batería. Así que ou ben se corrixe esta forma de aparcamento ou ben se segue esta proposta alargando as beirarrúas e reducindo os dous falsos carrís a un, como vén habendo ahora en realidade. Posiblemente sexa esta última a mellor opción, tendo en conta a falla de espazos para aparcar que hai na zona e que a batería permite máis coches que aparcar en ringleira.
Placas de Sargadelos
(5/5) Do mesmo xeito, lugares como a rolda de Outeiro, As Lagoas, A Gaiteira, rúa Fita, rúa Nova ou praza das Conchiñas (deturpación de Cunchiñas que cómpre corrixir), non deberían traducirse ao castelán porque soaría grotesco. En todo caso, a situación xeral é de desleixo cara ao galego e non ao revés. Cómpre traballar de preto neste asunto con lingüistas e expertos en toponimia local. Os nomes das flores nas rúas do barrio das Flores, os das cidades europeas na Zapateira e moito máis. Hai moito aí fóra por traducir ao galego e debe facerse ben. Non se poden permitir barbarismos como o da recentemente inaugurada avenida das “Fresas” de Eirís. En conclusión, repito, salvo algúns casos nos que non procede inventar un nome en castelán e outros casos (os menos) nos que é mellor deixalo en castelán, creo que se deben substituír as placas actuais por unha en galego e outra en castelán. É o natural e correcto no concello menos galegofalante de Galicia e asemade principal cidade do país.
Placas de Sargadelos
(4/5) Lamentablemente, a castelanización nesta cidade non é cousa de hai dous días. Algunhas rúas sempre tiveron o seu nome en castelán e non son unha tradución dun nome galego anterior. Nalgúns casos pódese galeguizar sen problema: caso de Durmideiras ou As Roseiras, pero noutros a tradución sería moi confusa. Por exemplo, teño visto algúns casos de uso de Beiramar no canto de Orillamar. Como chamar logo en galego a cercana rúa Veramar? Outro caso: no Orzán está a rúa Cordelería e non moi lonxe, a rúa Cordonería. Ninguén se refire a estas rúas en galego. De facelo, a primeira sería Cordoaría (ou cordoería), que se refire á manufactura de cordas e de cabos para os barcos. Mais non hai unha palabra distinta en galego que designe o establecemento de venda de amallós, flocos, encaixes á parte da moderna “mercería”, que noutrora en castelán foi a “cordonería”. En casos coma estes, nos que non se acredite una forma orixinal en galego, propoño deixar a tradicional en castelán.
Placas de Sargadelos
(3/5) En que quedaría isto? Pois polo xeral en dúas placas ou unha placa dobre, e que vexamos tanto “Avenida del Ejército” coma “Avenida do Exército”, “Avenida de la Marina” coma “Avenida da Mariña”, “calle Burdeos” coma “rúa Bordeos”, "calle Palomar" coma "rúa Pombal" "calle de la Merced" coma "rúa da Mercé" e “Ronda de Outeiro” coma “Rolda de Outeiro” (ou mesmo DO Outeiro). Mais as cousas non son tan sinxelas e coido que hai casos que merecen unha excepción a esta regra xeral.
Placas de Sargadelos
(2/5) A miña proposta —en liña coa realidade social bilingüe na que vivimos e que se reflicte na situación de cooficialidade das linguas galega e castelá no noso país— é a de sinalizar as vías da Coruña tanto en castelán coma en galego. Deste xeito, pódese abordar unha verdadeira adaptación dos nomes das rúas ao galego sen bater agresivamente contra as formas comunmente aceptadas pola inmensa maioría dos coruñeses. É dicir, a rúa Santo André debe seguir estando indicada en castelán. Igual que nas rúas con nomes moi castelanizados (San Tomé por Santo Tomás, Santo Amaro por San Amaro, Afonso VIII por Alfonso IX), a inclusión de placas en galego eliminando toda referencia aos nomes en castelán plenamente asentados pode causar rexeitamento e resultaría moi contraproducente para a normalización da lingua galega.
Placas de Sargadelos
(1/5) Os avances en normalización lingüística son especialmente urxentes no caso dos nomes das vías do concello, cun compoñente moi visible e de grande influencia na realidade cotiá da cidade, como son as placas que sinalizan as nosas rúas, avenidas e prazas. A presenza do galego neste nivel é anecdótica arestora. Limítase a unha sinalización bilingüe do tipo de vía (calle/rúa, plaza/praza, seguida do nome da vía sempre en castelán. Por exemplo “plaza/praza Maestro Mateo” “calle/rúa Arzobispo Lago González” ou “camino/camiño Pinar”), e ao nome dalgunhas poucas rúas que sería ridículo castelanizar (Torreiro, Canceliña, Cabana). Secasí, seguen sen adaptarse ao galego nomes de tipos de vías como “ronda”, “plazuela” ou “callejón”, que serían rolda, praciña e calexa. O único avance recente nesta materia é a substitución das placas de vías con nomes de localidades galegas por novas placas coas formas oficiais en galego deses topónimos.
Creación dunha aula de estudio municipal
Propongo habilitar como aula de estudio una parte de Los Cantones Village, que está totalmente vacío. Otra opción puede ser el edificio municipal de Durán Loriga. Es importante que tenga una localización céntrica, porque tanto el CUR como Capdevielle están un tanto a desmano para muchos coruñeses.
Placas de de rúa únicas e en tódolos recunchos
(5/5) Do mesmo xeito, lugares como a rolda de Outeiro, As Lagoas, A Gaiteira, rúa Fita, rúa Nova ou praza das Conchiñas (deturpación de Cunchiñas que cómpre corrixir), non deberían traducirse ao castelán porque soaría grotesco. En todo caso, a situación xeral é de desleixo cara ao galego e non ao revés. Cómpre traballar de preto neste asunto con lingüistas e expertos en toponimia local. Os nomes das flores nas rúas do barrio das Flores, os das cidades europeas na Zapateira e moito máis. Hai moito aí fóra por traducir ao galego e debe facerse ben. Non se poden permitir barbarismos como o da recentemente inaugurada avenida das “Fresas” de Eirís. En conclusión, repito, salvo algúns casos nos que non procede inventar un nome en castelán e outros casos (os menos) nos que é mellor deixalo en castelán, creo que se deben substituír as placas actuais por unha en galego e outra en castelán. É o natural e correcto no concello menos galegofalante de Galicia e asemade principal cidade do país.
Placas de de rúa únicas e en tódolos recunchos
(4/5) Lamentablemente, a castelanización nesta cidade non é cousa de hai dous días. Algunhas rúas sempre tiveron o seu nome en castelán e non son unha tradución dun nome galego anterior. Nalgúns casos pódese galeguizar sen problema: caso de Durmideiras ou As Roseiras, pero noutros a tradución sería moi confusa. Por exemplo, teño visto algúns casos de uso de Beiramar no canto de Orillamar. Como chamar logo en galego a cercana rúa Veramar? Outro caso: no Orzán está a rúa Cordelería e non moi lonxe, a rúa Cordonería. Ninguén se refire a estas rúas en galego. De facelo, a primeira sería Cordoaría (ou cordoería), que se refire á manufactura de cordas e cabos para os barcos. Mais non hai unha palabra distinta en galego que designe o establecemento de venda de amallós, flocos, encaixes á parte da moderna “mercería”, que noutrora en castelán foi a “cordonería”. En casos coma estes, nos que non se acredite una forma orixinal en galego, propoño deixar a tradicional en castelán.
Placas de de rúa únicas e en tódolos recunchos
(3/5) En que quedaría isto? Pois polo xeral en dúas placas ou unha placa dobre, e que vexamos tanto “Avenida del Ejército” coma “Avenida do Exército”, “Avenida de la Marina” coma “Avenida da Mariña”, “calle Burdeos” coma “rúa Bordeos”, "calle Palomar" coma "rúa Pombal" "calle de la Merced" coma "rúa da Mercé" e “Ronda de Outeiro” coma “Rolda de Outeiro” (ou mesmo DO Outeiro). Mais as cousas non son tan sinxelas e coido que hai casos que merecen unha excepción a esta regra xeral.
Placas de de rúa únicas e en tódolos recunchos
(2/5) A miña proposta —en liña coa realidade social bilingüe na que vivimos e que se reflicte na situación de cooficialidade das linguas galega e castelá no noso país— é a de sinalizar as vías da Coruña tanto en castelán coma en galego. Deste xeito, pódese abordar unha verdadeira adaptación dos nomes das rúas ao galego sen bater agresivamente contra as formas comunmente aceptadas pola inmensa maioría dos coruñeses. É dicir, a rúa Santo André debe seguir estando indicada en castelán. Igual que nas rúas con nomes moi castelanizados (San Tomé por Santo Tomás, San Amaro por Santo Amaro, Alfonso IX por Afonso VIII), a inclusión de placas en galego eliminando toda referencia aos nomes en castelán plenamente asentados pode causar rexeitamento e resultaría moi contraproducente para a normalización da lingua galega.
Placas de de rúa únicas e en tódolos recunchos
(1/5) Os avances en normalización lingüística son especialmente urxentes no caso dos nomes das vías do concello, cun compoñente moi visible e de grande influencia na realidade cotiá da cidade, como son as placas que sinalizan as nosas rúas, avenidas e prazas. A presenza do galego neste nivel é anecdótica arestora. Limítase a unha sinalización bilingüe do tipo de vía (calle/rúa, plaza/praza, seguida do nome da vía sempre en castelán. Por exemplo “plaza/praza Maestro Mateo” “calle/rúa Arzobispo Lago González” ou “camino/camiño Pinar”), e ao nome dalgunhas rúas que sería ridículo castelanizar (Torreiro, Canceliña). Secasí, seguen sen adaptarse ao galego nomes de tipos de vías como “ronda”, “plazuela” ou “callejón”, que serían rolda, praciña e calexa. O único avance recente nesta materia é a substitución das placas de vías con nomes de localidades galegas por novas placas coas formas oficiais en galego deses topónimos.
Normalización das placas de rúas
(CONTINUACIÓN DOS CATRO ANTERIORES) Do mesmo xeito, lugares como a rolda de Outeiro, As Lagoas, A Gaiteira, rúa Fita, rúa Nova ou praza das Conchiñas (deturpación de Cunchiñas), non deberían traducirse ao castelán porque soaría grotesco. En todo caso, a situación xeral é de desleixo cara ao galego e non ao revés. Cómpre traballar de preto neste asunto con lingüistas e expertos en toponimia local. Os nomes das flores nas rúas do barrio das Flores, os das cidades europeas na Zapateira e moito máis. Hai moito aí que traducir ao galego e debe facerse ben. O que sexa con tal de evitar barbarismos como a recentemente inaugurada avenida das “Fresas” de Eirís.
Normalización das placas de rúas
(CONTINUACIÓN DOS ANTERIORES) Pode gustar máis ou menos, pero algunhas rúas sempre tiveron o seu nome en castelán e non son unha tradución dun nome galego anterior. Nalgúns casos pódese traducir ao galego sen problema: Durmideiras ou As Roseiras, pero noutros a tradución sería moi confusa. Penso en Orillamar, Veramar, Cordelería e Cordonería. Teño visto algúns casos de uso de Beiramar no canto de Orillamar. Como chamar logo a cercana rúa Veramar? No Orzán está a rúa Cordelería e non moi lonxe, a rúa Cordonería. Ninguén se refire a estas rúas en galego. De facelo, a primeira sería Cordoaría (ou cordoería), que se refire á fabricación e venda de cordas e cabos, en moitos casos para os barcos. Mais non hai unha palabra distinta en galego que designe o establecemento de venda de amallós, flocos, encaixes á parte da moderna “mercería”, que noutrora en castelán foi a “cordonería”. En casos coma estes, nos que non se acredite una forma orixinal en galego, propoño deixar a castelá.
Normalización das placas de rúas
(CONTINUACIÓN DOS DOUS ANTERIORES) En que quedaría isto? Pois polo xeral en dúas placas ou unha placa dobre, e que vexamos tanto “Avenida del Ejército” como “Avenida do Exército”, “Avenida de la Marina” como “Avenida da Mariña”, “calle Burdeos” como “rúa Bordeos” e “Ronda de Outeiro” como “Rolda de Outeiro” (ou mesmo DO Outeiro). Mais as cousas non son tan sinxelas e coido que hai casos que merecen unha excepción a esta regra xeral.