Na Coruña Contas

  • ogaiago

    (5/5) Do mesmo xeito, lugares como a rolda de Outeiro, As Lagoas, A Gaiteira, rúa Fita, rúa Nova ou praza das Conchiñas (deturpación de Cunchiñas que cómpre corrixir), non deberían traducirse ao castelán porque soaría grotesco. En todo caso, a situación xeral é de desleixo cara ao galego e non ao revés. Cómpre traballar de preto neste asunto con lingüistas e expertos en toponimia local. Os nomes das flores nas rúas do barrio das Flores, os das cidades europeas na Zapateira e moito máis. Hai moito aí fóra por traducir ao galego e debe facerse ben. Non se poden permitir barbarismos como o da recentemente inaugurada avenida das “Fresas” de Eirís. En conclusión, repito, salvo algúns casos nos que non procede inventar un nome en castelán e outros casos (os menos) nos que é mellor deixalo en castelán, creo que se deben substituír as placas actuais por unha en galego e outra en castelán. É o natural e correcto no concello menos galegofalante de Galicia e asemade principal cidade do país.

    Sen respostas