A Porta Aberta

  • ogaiago
    ogaiago  • 23/07/2019 23:31:21

    (4/5) Lamentablemente, a castelanización nesta cidade non é cousa de hai dous días. Algunhas rúas sempre tiveron o seu nome en castelán e non son unha tradución dun nome galego anterior. Nalgúns casos pódese galeguizar sen problema: caso de Durmideiras ou As Roseiras, pero noutros a tradución sería moi confusa. Por exemplo, teño visto algúns casos de uso de Beiramar no canto de Orillamar. Como chamar logo en galego a cercana rúa Veramar? Outro caso: no Orzán está a rúa Cordelería e non moi lonxe, a rúa Cordonería. Ninguén se refire a estas rúas en galego. De facelo, a primeira sería Cordoaría (ou cordoería), que se refire á manufactura de cordas e de cabos para os barcos. Mais non hai unha palabra distinta en galego que designe o establecemento de venda de amallós, flocos, encaixes á parte da moderna “mercería”, que noutrora en castelán foi a “cordonería”. En casos coma estes, nos que non se acredite una forma orixinal en galego, propoño deixar a tradicional en castelán.

    Sen respostas