Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

ogaiago ogaiago

Comentarios
Normalización das placas de rúas
(SEGUE DO ANTERIOR) A miña proposta —en liña coa realidade social bilingüe na que vivimos e que se reflicte na situación de cooficialidade das linguas galega e castelá no noso país— é a de sinalizar as vías da Coruña tanto en castelán como en galego. Deste xeito, pódese abordar unha verdadeira adaptación dos nomes das rúas ao galego sen bater agresivamente contra as formas comúnmente aceptadas pola inmensa maioría dos coruñeses. É dicir, a rúa Santo André debe seguir estando indicada en castelán. Igual que nas rúas con nomes de santos castelanizados (San Tomé, Santo Amaro), a inclusión de placas en galego eliminando toda referencia aos nomes en castelán plenamente asentados resultaría moi contraproducente para a normalización da lingua galega.
Normalización das placas de rúas
Efectivamente, os avances en normalización lingüística son especialmente urxentes no caso dos nomes das vías do concello, cun compoñente moi visible e de grande influencia na realidade cotiá da cidade, como son as placas que sinalizan as nosas rúas, avenidas e prazas. A presenza do galego neste nivel é anecdótica arestora. Limítase a unha sinalización bilingüe do tipo de vía (calle/rúa, plaza/praza, seguida do nome da vía en castelán. Por exemplo “plaza/praza Maestro Mateo” “calle/rúa Arzobispo Lago González” ou “camino/camiño Pinar”), e ao nome dalgunhas rúas que sería ridículo castelanizar (Torreiro, Canceliña). Secasí, seguen sen adaptarse ao galego nomes de tipos de vías como “ronda”, “plazuela” ou “callejón”, que serían rolda, praciña e calexa. O único avance recente nesta materia é a substitución das placas de vías con nomes de localidades galegas por novas placas coas formas oficiais en galego deses topónimos.