A Porta Aberta

Condicións de uso

AVISO LEGAL SOBRE AS CONDICIÓNS DE USO, PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS DO PORTAL DE E-PARTICIPACIÓN DO CONCELLO DA CORUÑA

1. Ámbito de aplicación das condicións de uso

A participación (entendéndoa como participación activa máis alá da lectura do contido presente) no Portal de eParticipación do Concello da Coruña regúlase polas presentes condicións de uso que vinculan a todas as persoas que participen neste sitio web. Por iso, calquera persoa que desexe participar deberase rexistrar, e para este fin solicitarase a aceptación destas condicións de uso.

O Concello da Coruña reserva a facultade de modificar as presentes condicións de uso para a participación no Portal de eParticipación do Concello da Coruña, cuxa última versión será publicada neste sitio web.

2. Obxectivo da iniciativa

A través do Portal de eParticipación, o Concello da Coruña quere fomentar a participación da cidadanía na xestión da cidade, implicándoa na xeración de ideas e propostas novidosas e viables, co obxecto de mellorar a súa calidade de vida. É unha aposta decidida por unha xestión máis próxima á cidadanía que permitirá recibir as súas propostas e ademais crear canles directas de comunicación co goberno municipal, contribuíndo a tomar as decisións máis acertadas para o interese xeral.

3. Cuestións xerais sobre a participación no Portal de eParticipación do Concello da Coruña

Poderá participar calquera persoa física a partir dos 16 anos que se rexistrase previamente no Portal de eParticipación. Mediante a aceptación destas condicións de uso declárase ter 16 anos ou máis. Os maiores de idade a cuxo cargo se encontran os menores son os plenos responsables da actuación que teñan estes no Portal de eParticipación.

Ao introducir o título das propostas, recoméndase escribir unha descrición breve e precisa cun máximo de 2000 caracteres. Para completar a argumentación poderanse asociar documentos adxuntos ou das redes sociais Vimeo, Youtube, Slideshare, Flickr ou SoundCloud.

4. Obrigas das persoas usuarias do Portal de eParticipación

Ao ser o Concello da Coruña un punto de encontro cuxo obxectivo é debater e compartir e valorar propostas relacionadas coa mellora da cidade, as persoas usuarias están obrigadas a facer un uso dilixente e acorde ao dito obxectivo.

O Concello da Coruña non é responsable do uso incorrecto do Portal de eParticipación polas persoas usuarias ou dos contidos localizados nel, sendo cada usuario/a responsable do seu uso correcto e da legalidade dos contidos e opinións que compartise.

O Concello da Coruña resérvase, polo tanto, o dereito a limitar o acceso ao Portal de eParticipación do Concello da Coruña de opinións, informacións, comentarios ou documentos que as persoas usuarias queiran incorporar, podendo instalar filtros para tal efecto. Todo iso realizarase unicamente mentres teña o fin de preservar o obxectivo fundamental do Portal de eParticipación.

De acordo coa normativa legal vixente queda prohibida a utilización do Portal de eParticipación do Concello da Coruña con fins distintos aos de debater, compartir e valorar propostas, e especificamente:

Compartir calquera contido que poida ser considerado como unha vulneración en calquera forma dos dereitos fundamentais á honra, imaxe e intimidade persoal e familiar de terceiros ou contra a dignidade das persoas.

Compartir imaxes ou fotografías que recollan imaxes ou datos persoais de terceiros sen ter obtido o oportuno consentimento dos seus titulares.

Compartir calquera contido que vulnere o segredo nas comunicacións, a infracción de dereitos de propiedade industrial e intelectual ou das normas reguladoras da protección de datos de carácter persoal.

Reproducir, distribuír, compartir contidos, informacións ou imaxes que fosen postas a disposición por outras persoas usuarias sen a autorización expresa destas.

A súa utilización con fins de publicidade.

A realización de calquera dos anteriores comportamentos permitiralle ao Concello da Coruña suspender temporalmente a actividade dunha persoa participante, inhabilitar a súa conta ou borrar o seu contido, sen prexuízo doutras responsabilidades que poidan ser reclamadas.

En caso de que o contido introducido polas persoas usuarias incorpore un enlace a outro sitio web, o Concello da Coruña non será responsable polos danos ou prexuízos derivados do acceso ao enlace ou aos seus contidos.

En caso de litixio de calquera clase ou por calquera motivo entre as persoas participantes no sitio web e/ou un terceiro, o Concello da Coruña quedará exento de calquera responsabilidade por reclamacións, demandas ou danos de calquera natureza relacionados ou derivados do litixio.

5. Uso do Portal de eParticipación

As persoas participantes poderán acceder e navegar polo Portal de eParticipación libremente e de forma anónima. Só cando queiran realizar algunha acción que implique a creación, apoio ou comentario dunha proposta, ou a participación nun debate, solicitaralle que introduza as súas credenciais, para cuxa obtención será necesario rexistrarse previamente. O rexistro que permitirá participar comentando en cualquera das seccións, creando debates ou propostas, realizarase introducindo os seguintes datos:

  • Nome de usuario/a
  • Correo electrónico
  • Aceptación das condicións de uso do Portal de eParticipación

O Portal de Goberno eParticipación tamén permite a identificación mediante o usuario de Facebook, Twitter e Google+.

Para participar apoiando propostas, á persoa usuaria seralle requirido que verifique a súa conta cumprindo que ten 16 anos ou máis e está empadroado/a na Coruña, para o que será guiado/a a través dunha serie de pasos onde se lle solicitarán datos relativos ao padrón.

6. Condicións para o tratamento dos contidos proporcionados polas persoas usuarias

As presentes condicións regulan os termos aplicables ao contido remitido polas persoas usuarias desta plataforma a través do formulario correspondente (en diante, o contido). Estas condicións aplícanse tanto ao contido inicialmente remitido ao Portal de eParticipación como a calquera contido que se envíe con posterioridade ou se manifeste ao Concello da Coruña, debendo declararse o seguinte:

  • A. Non confidencialidade: todo o contido remitido pola persoa usuaria ao Concello da Coruña deberá ser susceptible de ser coñecido polo público en xeral. Polo tanto, o Concello da Coruña tratará o citado contido como información non confidencial.
  • B. Procedemento: no caso de que o Concello da Coruña estea interesado no contido remitido pola persoa usuaria, poñerase en contacto con ela para solicitarlle información adicional. A dita información terá así mesmo carácter de non confidencial, sen prexuízo de que no caso de que as partes consideren a necesidade de intercambiarse información de carácter confidencial se asine o correspondente Acordo de Confidencialidade.

    O Concello da Coruña resérvase o dereito de non contactar coas persoas usuarias que lle remitisen o contido. Todo iso sen prexuízo do establecido no apartado relativo a "Dereitos de propiedade intelectual e industrial".

    No suposto de que o Concello da Coruña, á súa enteira discreción, decidise contactar con determinadas persoas usuarias, estas coñecen e aceptan que por iso o Concello da Coruña non adquire ningún compromiso.
  • C. Publicidade ou difusión dos contidos presentados: as persoas participantes no Portal de eParticipación do Concello da Coruña declaran coñecer e aceptar o feito de que a información achegada poderá ser publicada na web aportaaberta.coruna.es, así como a través doutros medios que a organización considere oportunos para dar a coñecer esta iniciativa.
  • D. Non devolución material: o Concello da Coruña carece de obriga ningunha de devolver o contido remitido polas persoas usuarias.
  • E. Procedemento de aviso e retirada: o Concello da Coruña procesará as peticións de eliminación ou retirada de contidos que incumpran as condicións de uso que engadisen as persoas participantes. Así mesmo, calquera persoa, con motivos razoados se existe incumprimento das presentes condicións de uso, poderalle solicitar a retirada de contidos ao Concello da Coruña. O Concello da Coruña resérvase o dereito de facer as comprobacións ou verificacións oportunas con carácter previo á retirada de calquera contido.

7. Política de privacidade e protección de datos

  • A. Titularidade dos dereitos de propiedade intelectual e industrial: a persoa usuaria que achega o contido declara, coa aceptación das presentes condicións, ser titular dos dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial ou ter dereitos suficientes sobre o dito contido e que ademais o remite ao Concello da Coruña de forma voluntaria para a súa divulgación no Portal de eParticipación do Concello da Coruña.

    A titularidade de todos e cada un dos contidos presentados que se encontren protexidos ou sexan susceptibles de encontrarse protexidos, polo dereito da propiedade industrial e intelectual, correspóndelles aos autores e/ou titulares dos mencionados contidos.

    O Concello da Coruña non asume ningunha responsabilidade, xa sexa directa ou indirecta, respecto de calquera tipo de controversia, disputa e/ou litixio que puidese derivarse da publicación, divulgación e/ou difusión dos contidos presentados sen o preceptivo consentimento dos seus lexítimos titulares.

    O Concello da Coruña respectará todos os dereitos de propiedade intelectual ou industrial sobre o contido remitido polas persoas usuarias. Calquera vulneración dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial será responsabilidade da persoa que achegue o contido.

    O Concello da Coruña, pola mera recepción do contido, non recibe da persoa usuaria ningunha licenza de propiedade intelectual ou industrial, polo que non usará o contido salvo aceptación expresa do seu titular.
  • B. Protección de datos: os datos persoais achegados polas persoas usuarias que se rexistren no Portal de eParticipación serán tratados de acordo co exposto no apartado de Política de Privacidade.

8. Normativa aplicable

As normas do ordenamento xurídico español rexen de maneira exclusiva estas condicións de uso. Calquera disputa, controversia ou reclamación derivada destas condicións de uso, ou o incumprimento, a rescisión ou a validación destas, resolveranse exclusivamente ante os xulgados competentes.

9. Revisión das condicións de uso

O Concello da Coruña resérvase o dereito de revisar as presentes condicións de uso e a política de privacidade en calquera momento e por calquera razón. No dito caso, as persoas usuarias rexistradas serán avisadas a través deste espazo en liña e, se continúan empregando o Portal de eParticipación, entenderanse aceptadas as modificacións introducidas.