A Porta Aberta

  • ogaiago
    ogaiago  • 22/07/2019 23:19:23

    (1/5) Os avances en normalización lingüística son especialmente urxentes no caso dos nomes das vías do concello, cun compoñente moi visible e de grande influencia na realidade cotiá da cidade, como son as placas que sinalizan as nosas rúas, avenidas e prazas. A presenza do galego neste nivel é anecdótica arestora. Limítase a unha sinalización bilingüe do tipo de vía (calle/rúa, plaza/praza, seguida do nome da vía sempre en castelán. Por exemplo “plaza/praza Maestro Mateo” “calle/rúa Arzobispo Lago González” ou “camino/camiño Pinar”), e ao nome dalgunhas rúas que sería ridículo castelanizar (Torreiro, Canceliña). Secasí, seguen sen adaptarse ao galego nomes de tipos de vías como “ronda”, “plazuela” ou “callejón”, que serían rolda, praciña e calexa. O único avance recente nesta materia é a substitución das placas de vías con nomes de localidades galegas por novas placas coas formas oficiais en galego deses topónimos.

    Sen respostas