Na Coruña Contas

  • ogaiago

    (1/5) Os avances en normalización lingüística son especialmente urxentes no caso dos nomes das vías do concello, cun compoñente moi visible e de grande influencia na realidade cotiá da cidade, como son as placas que sinalizan as nosas rúas, avenidas e prazas. A presenza do galego neste nivel é anecdótica arestora. Limítase a unha sinalización bilingüe do tipo de vía (calle/rúa, plaza/praza, seguida do nome da vía sempre en castelán. Por exemplo “plaza/praza Maestro Mateo” “calle/rúa Arzobispo Lago González” ou “camino/camiño Pinar”), e ao nome dalgunhas poucas rúas que sería ridículo castelanizar (Torreiro, Canceliña, Cabana). Secasí, seguen sen adaptarse ao galego nomes de tipos de vías como “ronda”, “plazuela” ou “callejón”, que serían rolda, praciña e calexa. O único avance recente nesta materia é a substitución das placas de vías con nomes de localidades galegas por novas placas coas formas oficiais en galego deses topónimos.

    Sen respostas