A accesibilidade web refírese á posibilidade de acceso á web e aos seus contidos por todas as persoas, independentemente das discapacidades (físicas, intelectuais ou técnicas) que poidan presentar ou das que se deriven do contexto de uso (tecnolóxicas ou ambientais).
Cando os sitios web están deseñados pensando na accesibilidade, todos os usuarios poden acceder en condicións de igualdade aos contidos, por exemplo:
Para poder navegar por este sitio web de forma accesible, programáronse un grupo de teclas de acceso rápido que recollen as principais seccións de interese xeral nos que está organizado o sitio.
Tecla | Páxina |
---|---|
0 | Inicio |
1 | Debates |
2 | Propostas |
3 | Votacións |
4 | Orzamentos participativos |
Dependendo do sistema operativo e do navegador que se empregue, a combinación de teclas será a seguinte:
Navegador | Combinación de teclas |
---|---|
Explorer | ALT + atallo e logo ENTER |
Firefox | ALT + MAIÚSCULAS + atallo |
Chrome | ALT + atallo (se é un MAC, CTRL + ALT + atallo) |
Safari | ALT + atallo (se é un MAC, CMD + atallo) |
Opera | MAIÚSCULAS + ESC + atallo |
O deseño accesible deste sitio web permite que o usuario poida elixir o tamaño do texto que lle conveña. Esta acción pódese levar a cabo de diferentes xeitos segundo o navegador que se empregue.
Navegador | Acción para realizar |
---|---|
Explorer | Ver > Tamaño do texto |
Firefox | Ver > Tamaño |
Chrome | Axustes (icono) > Opcións > Avanzada > Contido web > Tamaño fonte |
Safari | Visualización > ampliar/reducir |
Opera | Ver > escala |
Outra forma de modificar o tamaño de texto é empregar os atallos de teclado definidos nos navegadores, en particular a combinación de teclas:
CTRL e + (CMD e + en MAC)
para aumentar o tamaño do texto CTRL e - (CMD e - en MAC)
para reducir o tamaño do textoTodas as páxinas deste sitio web cumpren coas pautas de accesibilidade ou principios xerais de deseño accesible establecidos polo Grupo de Traballo WAI pertencente ao W3C.