Na Coruña Contas

  • ogaiago

    (CONTINUACIÓN DOS ANTERIORES)
    Pode gustar máis ou menos, pero algunhas rúas sempre tiveron o seu nome en castelán e non son unha tradución dun nome galego anterior. Nalgúns casos pódese traducir ao galego sen problema: Durmideiras ou As Roseiras, pero noutros a tradución sería moi confusa. Penso en Orillamar, Veramar, Cordelería e Cordonería.
    Teño visto algúns casos de uso de Beiramar no canto de Orillamar. Como chamar logo a cercana rúa Veramar?
    No Orzán está a rúa Cordelería e non moi lonxe, a rúa Cordonería. Ninguén se refire a estas rúas en galego. De facelo, a primeira sería Cordoaría (ou cordoería), que se refire á fabricación e venda de cordas e cabos, en moitos casos para os barcos. Mais non hai unha palabra distinta en galego que designe o establecemento de venda de amallós, flocos, encaixes á parte da moderna “mercería”, que noutrora en castelán foi a “cordonería”. En casos coma estes, nos que non se acredite una forma orixinal en galego, propoño deixar a castelá.

    Sen respostas