Na Coruña Contas

Orzamentos participativos 2022

Propostas gañadoras

Xa están dispoñibles, para a súa consulta, as propostas que resultaron gañadoras nos Orzamentos Participativos 2022.

Noraboa! Na Coruña contas.

Axuda sobre os orzamentos participativos

Fase actual

Resultados

Ver todas as fases Ver resultados

Toda a cidade

  • Toda a cidade

Distritos

  • Distrito 1
  • Distrito 2
  • Distrito 3
  • Distrito 4
  • Distrito 5
  • Distrito 6
  • Distrito 7
  • Distrito 8
  • Distrito 9
  • Distrito 10

Distritos censuais da Coruña

Se non pode ver o mapa cos distritos da cidade prema aquí para ver o mapa cos distritos a pantalla completa


Propostas localizables xeograficamente

Fases dos orzamentos participativos

  • Presentación de propostas

  • Fase de apoios

  • Avaliación de propostas

  • Votando proxectos

  • Peche da votación final

  • Resultados

    -

Orzamentos participativos en 2 minutos

Recollida de propostas

Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún investimento para a cidade e para os seus barrios.

As propostas preséntanse prioritariamente a través desta web, pero se prefires a participación presencial, podes facelo nas oficinas dos rexistros municipais de María Pita, Ágora e Fórum, pedindo cita previa.

Ademais, podes acudir aos puntos de apoio presencial repartidos por toda a cidade, onde che ofrecerán a información, a axuda e os medios necesarios para presentar as túas propostas.

Apoios e avaliación

Na fase de apoios poderanse priorizar as propostas achegadas na fase anterior. É importante porque únicamente as máis apoiadas serán as que pasen á fase de votación final.

Antes da votación, durante a fase de avaliación, os diferentes servizos do concello implicados estudan que cada unha das propostas elixidas cumpra os requisitos necesarios: que supoñan un gasto de investimento que sexan viables tecnicamente, legais, e valoran o custo económico que suporía levalas a cabo.

Votación final

Na fase de votación final podes decidir como gastar unha parte do orzamento municipal de 2023 en proxectos de investimento. Podes votar unha ou varias propostas para toda a cidade e, ademais, unha ou varias propostas nun máximo de tres distritos censuais da túa elección.

Podes votar nesta web ou de maneira física en urnas a disposición da cidadanía en varios puntos da cidade. As propostas máis votadas incorporaranse ao proxecto inicial do Orzamento Xeral do Concello da Coruña de 2023.

Orzamentos participativos rematados

Orzamentos participativos 2022

Orzamentos participativos 2021

Orzamentos participativos 2019

Orzamentos participativos 2018

Orzamentos participativos 2017

Orzamentos participativos 2016