Presentámosche unha lista das solucións aos problemas e dúbidas técnicas máis frecuentes da Plataforma A Porta Aberta. Se isto non resolve o teu problema, podes chamar ao 010 ou achegarte a calquera das oito bibliotecas municipais da Coruña ou no CMIX situado no Fórum Metropolitano.
Comproba as seguintes posibilidades:
A realización, priorización e votación de propostas están limitadas á xente empadroada na Coruña, xa que se trata de tomar decisións que afectarán ao municipio e aos veciños e ás veciñas que viven nel, e por tanto parécenos que son eles e elas quen teñen que tomar a decisión final. É certo que hai persoas que non están empadroadas na Coruña e que aínda así lles poden afectar esas decisións, pero o Padrón é o censo máis amplo do que dispoñemos que nos permite que o proceso de participación sexa seguro e cheguemos ao máximo posible de persoas.
Para usar a web necesitamos unha conta de persoa usuaria, que dará acceso á plataforma, unha vez sexa verificada. Para iso é necesario introducir os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, DNI, código postal e un correo electrónico. O sistema verificará todos os datos facilitados e comprobará que a persoa usuaria está empadroada na Coruña e que non existe ningunha conta previa validada co DNI indicado, enviando entón ao correo electrónico facilitado unha ligazón que se deberá premer para activar a conta. A partir de entón serás posible participar en todas as fases do proceso:
Achegar propostas
Priorizar propostas
Votar a proposta
Non. Todas as accións relacionadas coas propostas, tanto crealas, como priorizalas, votalas ou informarnos sobre elas, é algo que podemos facer a través da plataforma web directamente ou se precisamos apoio podemos facelo presencialmente en calquera das oito bibliotecas municipais da cidade e no CMIX situado no Forum Metropolitano onde nos prestarán o apoio necesario.
Non. O camiño correcto para facer unha proposta é engadila directamente na plataforma de Orzamentos Participativos A Porta Aberta dentro da sección "Propostas" (para iso é necesario primeiro crear unha conta premendo na ligazón Rexistrarse, e unha vez creada, premer no botón "Crear proposta" da sección "Propostas"). No caso de que o que queremos presentar sexa unha suxestión ou reclamación, a información para presentalas atópase nesta páxina
Sobre a posibilidade de unificar propostas, o que poden parecer pequenas diferenzas entre dúas propostas similares, poden marcar grandes diferenzas á hora de facelas realidade. Por iso hai persoas que poden querer apoiar unha delas e non outras. É por iso que debemos respectar os apoios particulares que teña dado a xente, e non unificar as propostas. Isto é independente de que as persoas autoras das propostas queiran unilas. Unha vez as propostas están a recibir apoios pasan a ser tanto de quen as vota como de quen realizou a achega inicialmente.
Preme na ligazón "Entrar", introduce o teu correo electrónico e o teu contrasinal, e pulsa o botón "Entrar". Unha vez feito isto, preme na ligazón "A miña conta" onde atoparás todas as opcións que che permitirán cambiar o teu correo electrónico, nome da persoa usuaria, contrasinal, darte de baixa ou activar/desactivar as notificacións. Unha vez realizado o cambio adecuado asegúrate de premer no botón "Gardar cambios".