Na Coruña Contas

Volver

O GRAN BOSQUE DA CORUÑA

chiscoreyped@gmail.com chiscoreyped@gmail.com  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2369

Visto que na Coruña cada vez domina máis o cemento, claro exemplo o temos na zona da Mariña, e que os máis importantes urbanistas xa dixeron no seu momento que Coruña necesitaba máis zonas verdes, a miña proposta vai encamiñada a solucionar dúas cousas dunha vez. Por unha banda, rematar a musealización do abandoado Castro de Elviña, e por outra facer na súa entorna, sobre todo na ladeira do monte que baixa cara a POCOMACO e cara a Feans, un gran bosque de especies autóctonas. Imaxinade o que pode significar para o futuro da cidade contar con esa gran masa verde pola que poder pasear, sair a correr, facer percorridos en bici, observar algunha fauna en liberdade, etc, etc. e todo libre de vehículos e ruido. Antes de que chegue a especulación urbanística a esta zona, non deberíamos deixar pasar esta oportunidade única que aínda temos de deixar aos nosos fillos unha zona da que sentirse orgullosos e da que poder disfrutar á porta de casa.

Informe de custo

O orzamento desta proposta, que se estima VIABLE, calculouse exclusivamente en relación coas actuacións necesarias para a creación do bosque autóctono nas zonas sinaladas. Para unha cuantificación do número de exemplares que se podería plantar calculouse un prezo medio 'tipo' de plantación de arbotado en zonas axardinadas e parques urbanos con dispoñibilidade de espazo de plantación, subsolo adecuado e acceso a rego. Tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (14/16 e 12/14), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arborado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes á enfermidade e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (volume de plantación maior a 2 m3, utilización de anclaxes e drenaxes, mellora do subsolo se fose preciso, etc.). Partindo da estimación de custos realizada e do orzamento máximo previsto de 1 millón de euros poderíanse plantar unha media de 1.630, cunha pinza que podería variar entre un mínimo de 1200 e un máximo de 2000 ejemplares. En canto as restantes actuacións incluídas na proposta, informámoslle de que o Servizo de Cultura iniciou este mes o proceso de licitación da última fase das obras de escavación e consolidación do xacemento arqueolóxico de Castro de Elviña, contempladas no Proxecto Artabria. As obras teñen un orzamento de licitación de 824.777,61 € (IVA incluído) e contemplan a ampliación dalgunhas áreas de escavación e a consolidación da totalidade das estruturas descubertas nas campañas de escavación realizadas ao longo dos últimos anos. Paralelamente, o Servizo de Cultura ten previsto realizar un Plan Director do Castro de Elviña así como levar a cabo un contrato de mantemento da vexetación do Castro de Elviña. O Castro de Elviña conta xa cun plan director e un plan de musealización. Porén, dado o tempo transcorrido desde a súa elaboración e as transformacións producidas no xacemento e o seu entorno desde entón, semella recomendable realizar cando menos unha readaptación dos mesmos. Ademais, ambos documentos baséanse na construción de grandes equipamentos culturais, cun custo superior aos 20 millóns de euros, cando o actual escenario económico parece aconsellar outras alternativas mais económicas e sostibles. A finalización das obras de escavación e consolidación, durante o segundo semestre de 2017, e a elaboración do novo plan director deberían permitir abordar a partir de principios de 2018 a execución do proxecto de musealización e a posta en marcha dun plan de difusión e a apertura do parque en horario diúrno para o disfrute da cidadanía. Agradecemos a túa participación neste programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar contigo de novo na vindeira edición do ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • andres-peruleiro

    A zona que comenta "javi" parece sen dúbida a mellor para que todo o mundo, tanto residentes como xente de fora da Coruña, poidan visitala, ademais de que os accesos en transporte público ou os aparcadoiros xa están practicamente habilitados ou en proceso (ex: Ágora, aparcadoiro de "Os mariñeiros"):

    Ao sur la avda. Fisterra,
    Ao Norte Visma
    Ao Leste Barrio Ventorrillo-Agra del Orzán
    Ao Oeste la terceira rolda

    UN PROXECTO pensado fundamentalmente para os nosos fillos e netos... por iso gústame tanto!! OXALÁ GAÑE, fai moita falta o tempo para que o bosque fágase co seu espazo e as árbores dean unha boa sombra!!! (sen contar coas limitacións de xestión que o concello atopará coas propiedades privadas da zona!)

    Sen respostas
  • jmbello

    A publicación que con bo criterio cita antoniogj é un resumo do Plan Director ao que me referín antes. Debe de ter máis de 15 anos, antes de que se retomasen as escavacións en 2002. Hay cousas que se desbotaron por agresivas, como esa especie de "acupuntura do espazo" feita a base dun montón de mesas e columnas de cemento, ou a ubicación do grande museo, que foi cambiada para a aba N das Cadeiras, mirando á cidade e á universidade. Con esa idea fíxose un concurso internacional que gañou Manolo Gallego Jorreto. O edificio proxectado sáese de contas, pero Manolo incluiu tamén un respetuosísimo proxecto de ordeación da paisaxe con especies autóctonas que penso sería de utilidade. Poucas cidades teñen a sorte de que figuras como Manolo Gallego dediquen o seu tempo e traballo ao seu pasado remoto.

    Sen respostas
  • jmbello

    A creación dun gran parque público en torno ao xacemento arqueolóxico é o obxecto do Proxecto Artabria, que conta cun Plan Director elabourado en colaboración coa Universidade de Santiago, un Plan de Musealización elabourado en colaboración co Departamento de Didáctica de Ciencias Sociais da Universidade de Barcelona, un Plan Especial de Protección elabourado pola Concellería de Urbanismo e un proxecto de intervencións, o chamado Castro de Elviña-Horizonte 2012, aprobado polo Concello, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Cultura e a Comisión Interministerial do 1%, e fortemente financiado por esta Comisión a través do Ministerio de Fomento. Este proxecto leva inxustificadamente paralizado desde 2013, cando o Concello tivo que retirar a licitación pública por uns peculiares "erros administrativos". Hai planes e cartos e non ten senso gastar o doble. É cuestión de vontade política, seriedade profesional e legalidade.

    Sen respostas
  • jmbello

    O Plan Director foi promovido polo Concello da Coruña como un máis dos documentos que se elabouraron no seu momento e que foron continuamente actualizados, asumidos e integrados, superándoos, nos seguintes, pero sempre respectando as liñas fundamentais que son de plena actualidade. A ver se mañán podo deixar enlaces aos outros documentos, como o proxecto de parque e musealización feito entre a Universidade de Barcelona e o Museo Arqueolóxico de San Antón (institución que desde a súa fundación pelea e sigue a pelear porque a cidade pule polo castro, dirixe as escavacións cando a deixan, estuda, publica e exhibe os achados), ou o Plan Especial de Protección feito por Urbanismo. Penso que son todos de sumo intrese para a proposta, que secundo, faltaría máis :-)

  • antoniogj

    Llegué a A Coruña hace año y medio y desde entonces vivo en las cercanías del Castro de Elviña. Pasear por allí con mi perro es un auténtico placer, y muy cierto es que el Castro necesita un buen lavado de cara. En marzo se derribó la torre de alta tensión que había (aunque haya ahora otra menos ostentosa en su lugar, que sigue rompiendo el paisaje y la armonía). Hay que darle vidilla al Castro, no puede ser que un recurso tan histórico y único se encuentre así de olvidado y dejado.
    Ya estuviera yo al tanto de otro proyecto que buscaba reflotar el Castro de Elviña, "Planear el Pasado" se llama, impulsado por Felipe Criado Boado y Matilde González Méndez. Dejo enlace para quien le interese, merece la pena leerlo, la verdad: http://digital.csic.es/handle/10261/16118
    En definitiva, muy de acuerdo con la propuesta. El Castro preside esta ciudad desde su colina, testigo mudo del paso de los milenios y una fuente inagotable de historia y de sabiduría, urge restituirlo!

Non hai fitos definidos