Na Coruña Contas

Volver

O GRAN BOSQUE DA CORUÑA

chiscoreyped@gmail.com chiscoreyped@gmail.com  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2369

Visto que na Coruña cada vez domina máis o cemento, claro exemplo o temos na zona da Mariña, e que os máis importantes urbanistas xa dixeron no seu momento que Coruña necesitaba máis zonas verdes, a miña proposta vai encamiñada a solucionar dúas cousas dunha vez. Por unha banda, rematar a musealización do abandoado Castro de Elviña, e por outra facer na súa entorna, sobre todo na ladeira do monte que baixa cara a POCOMACO e cara a Feans, un gran bosque de especies autóctonas. Imaxinade o que pode significar para o futuro da cidade contar con esa gran masa verde pola que poder pasear, sair a correr, facer percorridos en bici, observar algunha fauna en liberdade, etc, etc. e todo libre de vehículos e ruido. Antes de que chegue a especulación urbanística a esta zona, non deberíamos deixar pasar esta oportunidade única que aínda temos de deixar aos nosos fillos unha zona da que sentirse orgullosos e da que poder disfrutar á porta de casa.

Informe de custo

O orzamento desta proposta, que se estima VIABLE, calculouse exclusivamente en relación coas actuacións necesarias para a creación do bosque autóctono nas zonas sinaladas. Para unha cuantificación do número de exemplares que se podería plantar calculouse un prezo medio 'tipo' de plantación de arbotado en zonas axardinadas e parques urbanos con dispoñibilidade de espazo de plantación, subsolo adecuado e acceso a rego. Tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (14/16 e 12/14), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arborado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes á enfermidade e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (volume de plantación maior a 2 m3, utilización de anclaxes e drenaxes, mellora do subsolo se fose preciso, etc.). Partindo da estimación de custos realizada e do orzamento máximo previsto de 1 millón de euros poderíanse plantar unha media de 1.630, cunha pinza que podería variar entre un mínimo de 1200 e un máximo de 2000 ejemplares. En canto as restantes actuacións incluídas na proposta, informámoslle de que o Servizo de Cultura iniciou este mes o proceso de licitación da última fase das obras de escavación e consolidación do xacemento arqueolóxico de Castro de Elviña, contempladas no Proxecto Artabria. As obras teñen un orzamento de licitación de 824.777,61 € (IVA incluído) e contemplan a ampliación dalgunhas áreas de escavación e a consolidación da totalidade das estruturas descubertas nas campañas de escavación realizadas ao longo dos últimos anos. Paralelamente, o Servizo de Cultura ten previsto realizar un Plan Director do Castro de Elviña así como levar a cabo un contrato de mantemento da vexetación do Castro de Elviña. O Castro de Elviña conta xa cun plan director e un plan de musealización. Porén, dado o tempo transcorrido desde a súa elaboración e as transformacións producidas no xacemento e o seu entorno desde entón, semella recomendable realizar cando menos unha readaptación dos mesmos. Ademais, ambos documentos baséanse na construción de grandes equipamentos culturais, cun custo superior aos 20 millóns de euros, cando o actual escenario económico parece aconsellar outras alternativas mais económicas e sostibles. A finalización das obras de escavación e consolidación, durante o segundo semestre de 2017, e a elaboración do novo plan director deberían permitir abordar a partir de principios de 2018 a execución do proxecto de musealización e a posta en marcha dun plan de difusión e a apertura do parque en horario diúrno para o disfrute da cidadanía. Agradecemos a túa participación neste programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar contigo de novo na vindeira edición do ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Chisco Rey

    Grazas a tod@s os que estades apoiando esta iniciativa. A verdade é que gañe quen gañe, o que se saca en claro só con lér os títulos das propostas é que os Coruñeses queremos e necesitamos unha cidade máis verde e máis humana. A miña proposta do Gran Bosque non é máis que a recollida de moitas conversas que teño con coñecidos cos que comparto actividades e aficións, e todos votamos de menos moito máis verde, pero non en horizontal, senón en vertical, árbores, bosque en definitiva. Grazas de novo.

    Sen respostas
  • jmbello

    O Plan Director foi promovido polo Concello da Coruña como un máis dos documentos que se elabouraron no seu momento e que foron continuamente actualizados, asumidos e integrados, superándoos, nos seguintes, pero sempre respectando as liñas fundamentais que son de plena actualidade. A ver se mañán podo deixar enlaces aos outros documentos, como o proxecto de parque e musealización feito entre a Universidade de Barcelona e o Museo Arqueolóxico de San Antón (institución que desde a súa fundación pelea e sigue a pelear porque a cidade pule polo castro, dirixe as escavacións cando a deixan, estuda, publica e exhibe os achados), ou o Plan Especial de Protección feito por Urbanismo. Penso que son todos de sumo intrese para a proposta, que secundo, faltaría máis :-)

    Sen respostas
Non hai fitos definidos