A Porta Aberta

chiscohch@mundo-r.com chiscohch@mundo-r.com

Comentarios
Crear el gran bosque de Galicia
Gracias Galego1906 por retomar esta iniciativa. Yo soy quien la propuso el año pasado y aún ganando, pasaron de ella. Este año pasé de todo este tema. Me quedé muy desilusionado y ya me da igual lo que hagan o propongan, son poíticos y van a hacer lo que les plazca. Ánimo y que tengas suerte y a ti te hagan caso. Sería una gran noticia el que hagan un gran bosque recuperando el Castro de Elviña, tanto para los Coruñeses como para el turismo, pero me da que la corteza de miras de este Ayuntamiento va a impedir llevarlo a cabo
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas xacio polo teu apoio. O importante é que a administración teña conciencia das imquietudes e necesidades da cidadanía e planifique o futuro en torna a ideas como esta.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas eru pola tua aportación. Por suposto que habería moita xente voluntaria para axudar á hora da plantación, eu o primeiro, e se aforrarían bastantes cartos.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
O que me decidiu facer o bosque en Elviña foi por facerlle un espectacular complemento ao Castro de Elviña, aínda que a miña idea coa que levo moitos anos na cabeza xa non pode ser por mor da terceira ronda, que atravesa unha das zonas por onde tería que ir o bosque. En Bens non é mal sitio, sempre que se unan os dous parque, Bens e San Pedro co bosque se se continúe polos aredores de Bens - Penamoa, así si que se podería facer algo parecido ao que podería ser un gran bosque.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas otis polo teu apoio. Non sei a onde chegará esto, pero polo menos cos votos nos facemos visibles e transmitimos ao Concello por onde queremos que se dirixan as políticas de futuro para a cidade. O que queda moi claro é que a maioría das propostas piden máis verde e unha cidade máis humá.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Date unha volta por Caaveiro e logo seguimos falando. A lo mellor cambia a túa idea de bosque autóctono.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Non teño unha idea comercial do bosque como pode ser facer un parque temático infantil como propós, nin tampouco que se faga todo dun tirón. Pódese facer por fases. Aínda así, creo que temos unha idea moi afastada un do outro do que é un bosque autóctono e de toda a filosofía que conleva un espazo así.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
En principio, pulmón verde en Coruña como moito temos Santa Margarita, o resto de parques son só iso, parques. Non remato de achegarme ás túas propostas, para min quédanse moi curtas de miras. A proposta é un GRAN BOSQUE, non reconvertir un parque en amago de bosque.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas lumbreras polo teu comentario, pero a miña idea e moito máis ambiciosa que ceñirse só ao parque de Bens. Esa idea sería mellor se se unisen co bosque os parques de Bens e San Pedro, continuando coa entorna do parque de Bens, e aínda así fáiseme pequeno, o que tería de boa esa proposta é que sería moito máis urbán que en Elviña.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
aleixo_varela, grazas polo teou punto de vista, pero pensa que a torre, as galerías da Mariña, as praias e os puntos máis característicos de Coruña en xeral non xeran uns ingresos directos para o Concello (excecto a torre que se cobra unha entrada). Pero están ahí e atraen moitos visitantes e todos saen encantados coa cidade. Todos estos visitantes atraídos polos encantos da cidade deixan uns ingresos na economía local que redundan nun riqueza para a cidade. Imaxina rematar a musealización do Castro de Elviña e facer na súa entorna o maior bosque urbán, xa non digo de Galicia, senón de España, eso sería un foco de atracción de máis visitantes que deixarían ingresos na economía local.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas lodas pola túa opinión. O que comentas é certo, pero temos que pensar en que esta proposta ben levada pode xerar riqueza e imaxe para a cidade, o que redundaría en máis ingresos municipais que poder dedicar a ayudas para a cidadanía.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas a tod@s os que estades apoiando esta iniciativa. A verdade é que gañe quen gañe, o que se saca en claro só con lér os títulos das propostas é que os Coruñeses queremos e necesitamos unha cidade máis verde e máis humana. A miña proposta do Gran Bosque non é máis que a recollida de moitas conversas que teño con coñecidos cos que comparto actividades e aficións, e todos votamos de menos moito máis verde, pero non en horizontal, senón en vertical, árbores, bosque en definitiva. Grazas de novo.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas cgomezr polo teu apoio. Claro que habería que mellorar as comunicacións e estacionamentos, pero non estamos a falar dunha zona alonxada, estamos dentro do núcleo urbano da Coruña, en bici por exemplo é un paseo chegar alí e en bus teríase que reforzar as liñas, pero non me parece unha prioridade más importante co propio bosque.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas polo teou apoio elenahache. Sería un soño que se realizase, as masas arbóreas sempre son ben vidas e quedan para o futuro
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas candidocm. O problema cos parques que se están a facer é que son moi pelados. Plántanse dous arboliños, catro arbustos e pouca cousa máis. O que se necesita é masa arbórea que de xardíns cheos de cagadas de cans xa hai abondo.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas javi polo teu apolio. Esa zona que dis tamén a tiven na cabeza e sería ideal para facelo. Decanteime pola zona do Castro de Elviña precisamente polo Castro e porque xa hai un proxecto que en tempos de Paco Vázquez xa se pretendía facer unha cousa parecida. De tódolos xeitos a zona que propós ten o meu apoio.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas jmbello polo teu apoio. A paralización do Castro é algo que non se pode entender, sería entreo outras cousas un foco de riqueza atraendo turismo, e se o rematamos co bosque a zona sería dun valor incalculable. Grazas.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Non esquezamos o Castro de Elviña, que sería a xoia do bosque. Sería tamén un gran reclamo turístico xerador de riqueza.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Por suposto anxo_gz. A proposta do bosque é digamos un núcleo do que poderían saír moitas máis iniciativas. Esa zona ten un futuro verde sen igual, o malo é que chegue antes o cemento. Ademáis a inversión non ten porque ser elevada. Adaptar o terreo, facer sendas, camiños e plantar cantos máis árbores mellor. As posibilidades son enormes. Grazas polo teu apoio.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Claro que si Marcosrodriguez, eso é o primeiro, facer aparcamentos, e cantos máis e máis grandes mellor, e logo xa se lle porán uns arboliños ao redor do coche para que non lle de moito o sol, por suposto. A verdade é que non entendo o teu comentario. Estamos a falar de VERDE, de ecoloxía, dun futuro máis agradable e limpo, e tí só queres APARCAMENTOS. Respeto a tua opinión, claro que farán falla aparcamentos, pero o que eu propoño non é comezar a casa polo tellado, é comezar a ter un futuro mellor e máis ecolóxico, pero xente coma tí só pensades en coche, aparcamento, e se se poidera unha boa estrada que atravese o bosque para non ter que sair do coche, non via a ser que me morda un esquío.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Grazas Antoniov, e non sería moi difícil de facer nin moi costoso. Toda esa zona agora está deshabitada e ata creo que o Concello ten algunha parcela en propiedade. Grazas polo teu apoio.