Pacificación do tráfico entorno Ceip de Prácticas e IES Salvador de Madariaga
11/05/2018 • • Distrito 9
Pacificación do tráfico no tramo de Paseo de ronda entre Manuel Murguía e Almirante Lángara, que se corresponde coa entrada do Ceip de Prácticas e o IES Salvador de Madariaga, así como en Almirante Lángara, mediante medidas como unha zona 20, avisos de precaución por zona escolar, pasos elevados etc. A diario son moitos os nenos e nenas que acceden e o tráfico é caótico e perigoso.
Arreglar camino ó Castro de Elviña desde o Centro Cívico de Feáns
25/04/2018 • • Distrito 4
Arreglar o camiño que vai ó Castro de Elviña que sal desde o Centro Cívico de Feáns. Ademais, queremos que se adecente un paso para peóns que está ó final do camiño de Campos, que antigamente se dirixía a Mesoiro, facendo un arcén fóra da estrada para pasear.
Instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña
01/05/2018 • • Distrito 5
Con esta proposta solicítase a instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña, situada moi preto da Facultade de Arquitectura, e na que existe unha liña amarilla a cal moitas veces é ignorada provocando que moitas veces obstaculizacións que dificultan a salida dos garaxes, o paso normal de vehículos (e mesmo o paso de ambulancias, xa que é unha zona na que vive moita xente de avanzada idade), que vense tamén na obriga de subirse á acera, provocando desperfectos en tapas de alcantarillas. A policía municipal ten tamén o costume de consentir e non obrar para acabar con estas actitudes que van contra as normas de circulación vial.
Parque infantil en la Urbanización Breogán
08/05/2018 • • Distrito 4
Solicito un parque infantil público en la urbanización Breogán, si queremos llevar a nuestros hijos a un parque hay que desplazarse en coche o en autobús.
La urbanización esta llena de niños y sería un lugar de juegos fantástico para ello.
Gracias
Recuperación de rede viaria tradicional
14/05/2018 • • Distrito 5
A freguesía de Elviña conserva unha importante rede viaria histórica que une diferentes núcleos da parroquia. Hoxe hai treitos que están fragmentados ou que forman parte de rúas.
A nosa proposta é ir recuperando ese viario histórico, formando unha rede cos camiños xa recuperados, rúas e camiños por acondicionar. Fundamentalmente o que se propón é que se sinalicen eses camiños e que se manteñan en boas condicións para o tránsito a pé.
Para esta proposta en concreto xuntamos un mapa cos camiños e rúas que unen Elviña, Castro, Penarredonda, As Revoltas, Palavea e Fontaíña.
Favorecer o uso da bicicleta
14/05/2018 • • Toda a cidade
Moitas veces non se usa tanto a bicicleta, tanto municipal como propia, porque non hai onde aparcala mesma. Propoño poñer situar mais estacións de bicicoruña, a lo menos nos edificios públicos, tales como Ágora, Forum, Ministerios Centros de Saúde, Bibliotecas e mercados municipais... O que non é lóxico é que existen algunha que están moi próximas como Obelisco, Porto e Porta Real, e noutras zonas como Cunchiñas, non haxa estacións cercanas.
Así mesmo, non existen moitos aparcadoiros ou barras para cadar as bicis particulares. Considero que se hai mais plazas onde deixar a bici sen medo a que cha rouben, mais xente utilizará a bicicleta.
NATURALIZACIÓN ENTRADA TÚNELES SALGADO TORRES
14/05/2018 • • Distrito 7
Naturalización dos taludes situados na entrada dos túneles de Salgado Torres dende Lonzas.
Trátase dunha zona inaccesible que podería empregarse como espazo de oportunidade para a súa naturalización
Renovación do parque infantil do Complexo Deportivo de Elviña
20/04/2018 • • Distrito 3
Os nenos e nenas do Birloque, da Avenida de Glasgow e de Ponte da Pedra só dispoñen na súa contorna dun parque infantil na Praza de Agustín Díaz, no aparcadoiro do Complexo Deportivo de Elviña. Trátase dun parque con sombra e espacio pero que está nun estado deficiente, co chan totalmente abombado e con xogos moi limitados. Tamén dispón dunha fonte pero non adaptada.
É unha mágoa que este parque estea infrautilizado dado que é un sitio idóneo para que os nenos desta zona poidan desfrutar con seguridade. Ademais, o parque tamén é empregado polos nenos e nenas que van ao Complexo de Elviña, polo que os potenciais usuarios dun parque renovado serían moitos.
Propoño que se renove o equipamento deste parque facéndoo máis axeitado para nenos e nenas de máis idades, arranxar o chan para evitar tropezós e instalar un bebedoiro que poidamos usar sen saír mollados como agora.
Cubrir algunos parques infantiles
24/04/2018 • • Distrito 4
Algunos ayuntamientos (como el de Oleiros) estan cubriendo algunos parques infantiles para que los niños puedan jugar aunque llueva o haga excesivo sol, seria interesante realizar esto con alguno del barrio.
Propuesta realizada por un vecino en el facebook de Novo Mesoiro
INSTALACIÓN DE DESFIBRILADORES EN EDIFICIOS PÚBLICOS
10/05/2018 • • Toda a cidade
Mi propuesta consiste en la instalación de DESFIBRILADORES SEMIAUTOMÁTICOS DESA COLOCADOS EN LOS CENTROS CÍVICOS U OTROS EDIFICIOS DEL CONCELLO, que no dispongan de dicho equipo, así como el mantenimiento integral de todo el equipamiento y formación básica sobre el funcionamiento de los sistemas de conexión, de los equipos DEA´s asociados, técnicas de RCP y uso de desfibriladores.
Según un informe Ministerio de Sanidad, se estima que cada año se producen en España más de 24.500 paradas cardíacas, ocasionando 4 veces más muertes que los accidentes de tráfico.