Na Coruña Contas

Volver

Pacificación do tráfico entorno Ceip de Prácticas e IES Salvador de Madariaga

pepinha pepinha  •  11/05/2018  •  Distrito 9  • 

paseoRonda.jpg
paseoRonda.jpg

Código proposta de investimento: 1336

Pacificación do tráfico no tramo de Paseo de ronda entre Manuel Murguía e Almirante Lángara, que se corresponde coa entrada do Ceip de Prácticas e o IES Salvador de Madariaga, así como en Almirante Lángara, mediante medidas como unha zona 20, avisos de precaución por zona escolar, pasos elevados etc. A diario son moitos os nenos e nenas que acceden e o tráfico é caótico e perigoso.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "O estudo e análise da implantación de pasos de peóns elevados como tamén elementos físicos redutores da velocidade como son bandas sonoras, badéns…etc, débense estudar con moito detalle, caso a caso, dados os problemas e interferencias que poden ocasionar co transporte público, vehículos de emerxencia, o seu trazado (curvas e pendentes), polo que ha de ser progresiva e coidadosa. Dado que a implantación de medidas físicas redutoras da velocidade no ámbito Paseo de rolda entre Manuel Murguía e Almirante Lángara ( Ceip de Prácticas e o IES Salvador de Madariaga) está xustificada polo trazado curvilíneo da vía, como así mesmo un trafico elevado de transporte publico e escolar, fai non viable a implantación destas medidas como reductoras da velocidade. A implantación e reforzo de nova sinalización vertical e nova sinalización horizontal que reforce e mellore a limitación de velocidade é unha solución apta para este ámbito. Así mesmo, proponse a realización de traballos de adecuación de beirarrúas sobre os pasos peonís mediante o avance e execución de barbacanas que melloren a visibilidade e reduzan a velocidade neses ámbitos. A mellora e instalación de nova sinalización en todo o ámbito da proposta, incluídos os traballos de ampliación de beirarrúas valórase en 23.289,13€ IVE incluído." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos