Na Coruña Contas

Volver

Renovación do parque infantil do Complexo Deportivo de Elviña

titasomoza@gmail.com titasomoza@gmail.com  •  20/04/2018  •  Distrito 3  • 

Si, baixo estas árbores tan fermosas está o único parque do que dispoñemos
Si, baixo estas árbores tan fermosas está o único parque do que dispoñemos

Código proposta de investimento: 803

Os nenos e nenas do Birloque, da Avenida de Glasgow e de Ponte da Pedra só dispoñen na súa contorna dun parque infantil na Praza de Agustín Díaz, no aparcadoiro do Complexo Deportivo de Elviña. Trátase dun parque con sombra e espacio pero que está nun estado  deficiente, co chan totalmente abombado e con xogos moi limitados. Tamén dispón dunha fonte pero non adaptada.

É unha mágoa que este parque estea infrautilizado dado que é un sitio idóneo para que os nenos desta zona poidan desfrutar con seguridade. Ademais, o parque tamén é empregado polos nenos e nenas que van ao Complexo de Elviña, polo que os potenciais usuarios dun parque renovado serían moitos.

Propoño que se renove o equipamento deste parque facéndoo máis axeitado para nenos e nenas de máis idades, arranxar o chan para evitar tropezós e instalar un bebedoiro que poidamos usar sen saír mollados como agora.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Na actualidade hai unha área con predominio de xogos de uso individual. A valoración atende á colocación de dúas estruturas modulares de uso colectivo que inclúa dous tramos de idade de uso recomendado. Tamén se valora a retirada dos xogos existentes e a nova pavimentación amortiguadora que subsane o desnivel existente nas dúas áreas." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos