Na Coruña Contas

Volver

Favorecer o uso da bicicleta

alvaroabella alvaroabella  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1620

Moitas veces non se usa tanto a bicicleta, tanto municipal como propia, porque non hai onde aparcala mesma. Propoño poñer situar mais estacións de bicicoruña, a lo menos nos edificios públicos, tales como Ágora, Forum, Ministerios Centros de Saúde, Bibliotecas e mercados municipais... O que non é lóxico é que existen algunha que están moi próximas como Obelisco, Porto e Porta Real, e noutras zonas como Cunchiñas, non haxa estacións cercanas.

Así mesmo, non existen moitos aparcadoiros ou barras para cadar as bicis particulares. Considero que se hai mais plazas onde deixar a bici sen medo a que cha rouben, mais xente utilizará a bicicleta.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Proposta de instalación de novas bases de aparcadoiro de bicis, incluída a obra civil de canalización eléctrica, rede de datos, acometida de pluviais e sinalización especifica de zona ciclista e de estacionamento en zonas de interese da cidade como son centros de lecer, teatros ou núcleos de alta concentración de empresas, por exemplo polígonos ou centros hospitalarios. A actuación consistirá na adecuación da zona urbanizada, con dotación de servizos de iluminación, sinalización horizontal e vertical especifica, rede de datos e pluviais mediante a execución das canalizacións subterráneas e reposición do pavimento existente para posterior instalación de novos aparcapibicis e suporá 189.06€/unidade IVE incluído. En total propóñense crear 14 nucleos ou centros de aparcabicicletas para un total de 15 bicicletas repartidos por toda a cidade atendendo aos nucleos mais importantes en canto a desprazamento de persoas, por exemplo Agora, Fórum, Centro de saúde Ventorrillo, Centro de saúde Os Rosales…" Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos