Resultados da busca
Hai 2 propostas de investimento que conteñen 'Emprego'

Renovación do parque infantil do Complexo Deportivo de Elviña
20/04/2018 • • Distrito 3
Os nenos e nenas do Birloque, da Avenida de Glasgow e de Ponte da Pedra só dispoñen na súa contorna dun parque infantil na Praza de Agustín Díaz, no aparcadoiro do Complexo Deportivo de Elviña. Trátase dun parque con sombra e espacio pero que está nun estado deficiente, co chan totalmente abombado e con xogos moi limitados. Tamén dispón dunha fonte pero non adaptada.
É unha mágoa que este parque estea infrautilizado dado que é un sitio idóneo para que os nenos desta zona poidan desfrutar con seguridade. Ademais, o parque tamén é empregado polos nenos e nenas que van ao Complexo de Elviña, polo que os potenciais usuarios dun parque renovado serían moitos.
Propoño que se renove o equipamento deste parque facéndoo máis axeitado para nenos e nenas de máis idades, arranxar o chan para evitar tropezós e instalar un bebedoiro que poidamos usar sen saír mollados como agora.

NATURALIZACIÓN ENTRADA TÚNELES SALGADO TORRES
14/05/2018 • • Distrito 7
Naturalización dos taludes situados na entrada dos túneles de Salgado Torres dende Lonzas.
Trátase dunha zona inaccesible que podería empregarse como espazo de oportunidade para a súa naturalización