Na Coruña Contas

Volver

Instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña

antoniogj antoniogj  •  01/05/2018  •  Distrito 5  • 

Calle_Castro_de_Elviña.jpg
Calle_Castro_de_Elviña.jpg

Código proposta de investimento: 1005

Con esta proposta solicítase a instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña, situada moi preto da Facultade de Arquitectura, e na que existe unha liña amarilla a cal moitas veces é ignorada provocando que moitas veces obstaculizacións que dificultan a salida dos garaxes, o paso normal de vehículos (e mesmo o paso de ambulancias, xa que é unha zona na que vive moita xente de avanzada idade), que vense tamén na obriga de subirse á acera, provocando desperfectos en tapas de alcantarillas. A policía municipal ten tamén o costume de consentir e non obrar para acabar con estas actitudes que van contra as normas de circulación vial.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Os problemas que veñen sufrindo nesta rúa débense á falta de disciplina viaria e ao mal facer dalgúns cidadáns, estacionando os seus vehículos en lugares nos que interrompen o tránsito peonil ou impiden o acceso a garaxes. A sinalización que prohibe o aparcamento debería ser suficiente. Con todo, en atención a esta petición, poderíanse reforzar estas medidas e instalar algúns bolardos en lugares nos que non sexan eles precisamente os que impidan ou dificulten o tránsito peonil segundo o requirido na normativa de accesibilidade. A actuación que comprende bolardos e reforzo de sinalización orzaméntase en 6.000 € e declárase como VIABLE." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • adrobe

    Son inquilino no portal 7 da Rúa Castro de Elviña e esta medida é moi necesaria. As veces hai quenes aparcan o seu coche mismo diante do portal polo que se sae do garaxe. É un quebradeiro de cabeza.
    Se non sae adiante, alomenos debiase tomar nota e que a policías local pasase de cando en vez a repartir receitas.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos