Na Coruña Contas

Volver

Arreglar camino ó Castro de Elviña desde o Centro Cívico de Feáns

drbermudez drbermudez  •  25/04/2018  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 939

Arreglar o camiño que vai ó Castro de Elviña que sal desde o Centro Cívico de Feáns. Ademais, queremos que se adecente un paso para peóns que está ó final do camiño de Campos, que antigamente se dirixía a Mesoiro, facendo un arcén fóra da estrada para pasear.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Da revisión efectuada non se detectou ningún aspecto (técnico, legal ou de custo) que impida a execución da proposta presentada. O tramo do camiño a acondicionar (escarificado e compactado) e a creación da senda peonil (firme en zahorra, varanda, malla e plantación de arborado) supoñen un orzamento aproximado de 41.976 euros. A realización da senda solicitada, en paralelo ao vial de FOMENTO dándolle continuidade a acera existente, e a única alternativa viable para realizar un itinerario peonil seguro para os veciños de Feáns - Mesoiro, a fin de conseguir a permeabilidade dunha zona que ate a construcción da terceira ronda era perfectamente transitable a través de numerosos camiños, que a día de hoxe están cortados." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos