Na Coruña Contas

Volver

Recuperación de rede viaria tradicional

Rexumeir@s Rexumeir@s  •  14/05/2018  •  Distrito 5  • 

Camiños Elviña, Penarredonda, As Revoltas, Palavea
Camiños Elviña, Penarredonda, As Revoltas, Palavea

Código proposta de investimento: 1580

A freguesía de Elviña conserva unha importante rede viaria histórica que une diferentes núcleos da parroquia. Hoxe hai treitos que están fragmentados ou que forman parte de rúas.

A nosa proposta é ir recuperando ese viario histórico, formando unha rede cos camiños xa recuperados, rúas e camiños por acondicionar. Fundamentalmente o que se propón é que se sinalicen eses camiños e que se manteñan en boas condicións para o tránsito a pé.

Para esta proposta en concreto xuntamos un mapa cos camiños e rúas que unen Elviña, Castro, Penarredonda, As Revoltas, Palavea e Fontaíña.

Informe de custo

A proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Da revisión efectuada non se detectou ningún aspecto (técnico, legal ) que impida a execución da proposta presentada. Os tramos a acondicionar (roza, firme en zahorra, treitos en formigón e sinalización) supoñen un orzamento de contrata aproximado de 65.856 euros. Non se presuposta o estudo de mobilidade nin a sinalización dos itinerarios peonís resultantes, polo que como proposta de distrito non supera o custo máximo de 200.000 euros. A zona de Elviña-Peñarredonda-Palavea presenta un viario descontinuo para os peóns, que dificulta os recorridos especialmente en torno as grandes infraestruturas o que poderíase paliar en parte ca recuperación de treitos de camiños tradicionais, pero faría falla a realización dun estudio de mobilidade no ámbito de referencia." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos