Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Gran Bosque A Coruña ( por fases)

12/05/2019  •  pelines  •  Toda a cidade

Crear  o grande bosque da cidade no entorno do castro de elviña por fases para facilitar o seu nacemento.

Sería unha mellora da contorna do castro e convertiriase nun centro de visitas para a nosa cidade.

1.000.000 €
estado_actual_do_edificio_de_mestras.jpg

Novo edificio no CEIP Sanjurjo de Carricarte para uso do alumnado e do barrio

20/05/2019  •  trr  •  Toda a cidade

Desde a ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte propoñemos a demolición e construcción dun novo edificio de planta baixa anexo ao centro escolar, que permita o seu uso sen depender de medios mecánicos e supoña unha maior integración paisaxística coa contorna, dando así resposta á demanda histórica da comunidade educativa que leva anos reclamando un edificio en condicións.

O novo edificio albergaría o comedor, con cociña propia, para o alumnado do centro, creando un espazo en condicións que favoreza unha alimentación saudable, coidando así a importancia da saúde, o medioambiente e o comercio local e de proximidade. Tamén contará con aulas de usos múltiples cun doble uso, para a comunidade educativa do Sanjurjo e para as entidades e colectivos do barrio, creando así un novo espazo que de cobertura ás necesidades socioeducativas e de participación de Monte Alto.

300.219 €
Solución cruces

Mellorar os cruces por onde vai o carril bici

21/05/2019  •  slamelov  •  Toda a cidade

Nos cruces por onde vai o carril bici, como o da Casa do Mar, a circulación das bicis é complexa e insegura, e pódese mellorar con propostas coma esta: https://vimeo.com/86721046 , que xa se aplican en varias cidades. Hai varios cruces semellantes na cidade que poderían usar este sistema, como o citado da casa do Mar ou o de Ramón y Cajal con Avda. de Oza, entroutros.

87.000 €
Screenshot_2019-05-20_Google_Maps.png

Mediana con árbores na Rolda de Outeiro

20/05/2019  •  smlebo  •  Toda a cidade

A Rolda de Outeiro non é só unha das rúas máis longas e transitadas da cidade, senón tamén unha das máis grises, alomenos no seu tramo á altura da Sagrada Familia e da Agra do Orzán. Por iso, onde o espazo o permita, propoño que se pranten árbores coma nos tramos máis achegados a Alfonso Molina, e como tamén recolle para a Av. Arteixo a proposta número 2099 de XaviCY.

Substituindo pequenos arbustos e outras plantas pequenas nas medianas e beirarrúas por árbores gáñase vistosidade e tamén calidade da vexetación e, tamén, de vida.

315.000 €
Render de rvr-arquitectos

HUMANIZACIÓN DO PASEO DO PARROTE

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Actualmente o Paseo do Parrote  é unha vía que viu reducido o seu uso trala peonilización da Mariña, polo que as suas seccións de viais atópanse sobredimensionadas entre a Mariña e o cruce co paseo Sir John Moore. Ademais, os materiais empregados nalgunhas das beirarrúas atópanse moi deteriorados. Proponse a creación dunha vía de preferencia peonil (30km/h coa posibilidade de utilización de plataforma única), humanización da mesma coa implantación de mobiliario urbán e vexetación, así coma unha redefinición do cruce na zona do Hospital, garantindo un ancho mínimo legal de beirarrúa.  Poderíase estudar a opción de remarcar no pavemento a ubicación da antiga prisión, así como o trazado das murallas que transcurre baixo a rúa.

400.000 €
EJEMPLO DE UN PASO DE CEBRA ANTIDESLIZANTE

ACONDICIONAR LOS PASOS DE CEBRA CON PINTURAS ANTIRESBALANTE

21/05/2019  •  mayerlyng  •  Toda a cidade

Realizar de manera mas acelerada el acondicionamiento de los pasos de cebra en los cuales los peatones tienden a caerse, a resbalarce, lo cual es peligroso. Realizar los rallados con PINTURAS ANTIRESBALANTE. 

250.000 €

Dotar de servizos mínimos as zonas ruráis da cidade

21/05/2019  •  monicaeiris  •  Toda a cidade

O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Na cidade hai zonas ruráis habitadas, moitas paralizadas hai anos polos plans urbanísticos, nas que os sucesivos gobernos municipáis decidiron non invertir xa que, nalgún momento, as excavadoras se farían cargo de todo. 

Poñer en valor a Coruña máis rural é mellorar a calidade de vida das persoas que as habitamos, que temos os mesmos dereitos que o resto da cidade. 

Solicitamos que, como mínimo, se doten estas zonas de alguns bancos, se eliminen os puntos que carecen de alcantarillado, e se garantan puntos de luz no acceso ás vivendas. Alumeado en condicións, bancos, papeleiras, beirarrúas, alcantarillado,transporte público en condicións...

 

250.000 €

Bicicoruña electrica e útil para todos

20/05/2019  •  perelita  •  Toda a cidade

Poñer mais estacións de bicicoruña por toda a cidade e cambiar o parque de bicis por eléctricas.

Pouca é a xente con forma física adecuada para subir a ronda de Outeiro ou subir ata o Castrillón. 

Habería que poñer mais estacións por toda a Cidade. As que hai agora chegan a un porcentaxe de poboación moi pequeno. Sería interesante tamén intentar que o servicio chegue ata a área metropolitana.

Poñer cascos encadeados nas estacións para aqueles usuarios que queiran facer uso deles. 

Algunhas das bicis de cada estación deben ter portanenos incorporados ou ben de maneira semellante aos cascos, encadeados pra uso de todos. 

O servicio debe estar aberto as 24horas. 

 

 

 

980.000 €

Cidade Peonil

08/05/2019  •  anxo_gz  •  Toda a cidade

Creo lembrar que segundo a directiva europea a partires do 2023, os centros da cidade terán que ser peonís, eu iría adiantando esa data e ir facendo peonís algunhas rúas da cidade de xeito gradual para que o troco non sexa tan drástico, e non só o faría no centro, senón tamén faría peonís rúas doutros barrios da cidade con pouco tránsito ou rúas pequenas e que dun xeito fosen artellando unha rede de carrís peonís. Qué non todos sabemos ou podemos andar en bicicleta!!.

1.000.000 €
Exemplo de raís para bicicleta en escaleiras

Raís nas escaleiras para bicicleta

21/05/2019  •  monchovazquez  •  Toda a cidade

Unha das problemáticas coas que se atopan as persoas usuarias da bicicleta é a existencia de escaleiras. Ante esta infraestrutura, vense na obriga de portear a bici co seu correspondente peso. Isto afecta especialmente a aquelas persoas que transportan cargas relativamente pesadas (por exemplo, a compra do día nas alforxas). Proponse a instalación de raís nas escaleiras para facilitar o porteo de bicicletas.

250.000 €