Na Coruña Contas

Volver

Dotar de servizos mínimos as zonas ruráis da cidade

monicaeiris monicaeiris  •  21/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2262

O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Na cidade hai zonas ruráis habitadas, moitas paralizadas hai anos polos plans urbanísticos, nas que os sucesivos gobernos municipáis decidiron non invertir xa que, nalgún momento, as excavadoras se farían cargo de todo. 

Poñer en valor a Coruña máis rural é mellorar a calidade de vida das persoas que as habitamos, que temos os mesmos dereitos que o resto da cidade. 

Solicitamos que, como mínimo, se doten estas zonas de alguns bancos, se eliminen os puntos que carecen de alcantarillado, e se garantan puntos de luz no acceso ás vivendas. Alumeado en condicións, bancos, papeleiras, beirarrúas, alcantarillado,transporte público en condicións...

 

Proposta en nome de: Plataforma por un Urbanismo Sustentable

Informe de custo

Comunicámoslle que a súa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Ao ser unha proposta xenérica de cidade o custo máximo será de 250.000 euros, cantidade coa que se podería dotar de servizos municipais a zonas rurais cunha superficie aproximada de 1.500 m2. As zonas sobre as que actuar dependerán dun estudo previo patrimonial co fin de delimitar o solo público, ao non contemplarse a realización de expropiacións.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos