Na Coruña Contas

Volver

Raís nas escaleiras para bicicleta

monchovazquez monchovazquez  •  21/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Exemplo de raís para bicicleta en escaleiras
Exemplo de raís para bicicleta en escaleiras

Código proposta de investimento: 2319

Unha das problemáticas coas que se atopan as persoas usuarias da bicicleta é a existencia de escaleiras. Ante esta infraestrutura, vense na obriga de portear a bici co seu correspondente peso. Isto afecta especialmente a aquelas persoas que transportan cargas relativamente pesadas (por exemplo, a compra do día nas alforxas). Proponse a instalación de raís nas escaleiras para facilitar o porteo de bicicletas.

Proposta en nome de: Colectivo de emerxencia para a presentación de propostas ciclistas de última hora

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equípo técnico municipal: Unha das propostas claras do Concello, e a mellora da accesibilidade e a eliminación das barreiras arquitectonicas que señan un inpedimento para a libre comunicación entre os diferentes espazos da nosa cidade. Por elo, a tua proposta, englobada dentro das propostas de cidade, e o seren unha proposta de caracter xenerico, teria un orzamento máximo de 250.000,00 €, e tendo en conta que, a inversión por metro lineal de canaleta salva escaleiras para bicicletas, formado por un perfil metálico e pintura anti deslizante, ten un custo aproximado de 70,00 €/metro, poderianse instalar aproximadamente na nosa cida uns 3.500 metros de canaletas salva escaleiras. Todo esto, tendo en conta que a instalación deste elemento non podera interferir na accesibilidad dos espazos públicos nin imposibilite o cumprimento das normativas sobre esta materia. Agradecemos a tua participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición don programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • rebecar

    Me parece que la relación coste-utilidad podría ser muy interesante. En los comentarios podríamos dar ideas de en qué escaleras nos gustaría verlas. Como las que van desde adelaida muro a angel rebollo, a la altura de la cuesta del matadero. O las escalinata maestro clave que sale desde juan florez

    Sen respostas
Non hai fitos definidos