Na Coruña Contas

Volver

Bicicoruña electrica e útil para todos

perelita perelita  •  20/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2157

Poñer mais estacións de bicicoruña por toda a cidade e cambiar o parque de bicis por eléctricas.

Pouca é a xente con forma física adecuada para subir a ronda de Outeiro ou subir ata o Castrillón. 

Habería que poñer mais estacións por toda a Cidade. As que hai agora chegan a un porcentaxe de poboación moi pequeno. Sería interesante tamén intentar que o servicio chegue ata a área metropolitana.

Poñer cascos encadeados nas estacións para aqueles usuarios que queiran facer uso deles. 

Algunhas das bicis de cada estación deben ter portanenos incorporados ou ben de maneira semellante aos cascos, encadeados pra uso de todos. 

O servicio debe estar aberto as 24horas. 

 

 

 

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Actualmente existe un plan de renovación do sistema financiado co plan EIDUS. Nese plan se aumenta o número actual de estacións do sistema de BICICORUÑA, se ben e a pesar da ampliación inda se considera necesario reducir a distancia entre as estación para que sexa un sistema mais accesible para todos, polo que se considera necesario a instalación de 15 estacións máis repartidas por toda a cidade, incluíndo 75 bicicletas convencionais e 75 bicicletas eléctricas." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos participativos e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • molrosales

    Fundamental a interconectividade coa area metropolitana. Debería centralizarse os servizos de Culleredo e Coruña e poder intercambiar as diferentes bicicletas en cada estación. Por outro lado, vexo acertada a posibilidade de incluir bicicletas con pedaleo asistido. Esta é unha cidade con moitas pendentes e polo tanto desicentiva o uso da bici. Pero coa axuda do pedaleo asistido animaríase moito mais xente a usalas. Obviamente, son necesarias mais estacións. Moito que traballar neste aspecto.

    Sen respostas
  • msieaso1213

    No hospital de Oza bótase moito en falta unha estación de bici Coruña, tendo en conta que concentra ós propios vecinos das Xubias, ós traballadores e usuarios do hospital, ós universitarios de Enfermería e Fisioterapia, e no verán ós usuarios da praia de Oza. E coa ventaxa de estar conectada ó carril bici xa existente.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos