Na Coruña Contas

Volver

Cidade Peonil

anxo_gz anxo_gz  •  08/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1969

Creo lembrar que segundo a directiva europea a partires do 2023, os centros da cidade terán que ser peonís, eu iría adiantando esa data e ir facendo peonís algunhas rúas da cidade de xeito gradual para que o troco non sexa tan drástico, e non só o faría no centro, senón tamén faría peonís rúas doutros barrios da cidade con pouco tránsito ou rúas pequenas e que dun xeito fosen artellando unha rede de carrís peonís. Qué non todos sabemos ou podemos andar en bicicleta!!.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equípo técnico municipal: "Considerando a viabilidade da proposta, tendo en conta que a sua implementación sera para toda a cidade, esta teria un orzamento máximo de 1.000.000,00 € . Adoptando unha solución de peatonalización na que se inclue o mobiliario urbano necesario, asi como a sustitución de conexions os pes das baixantes e colocación de sumideiros, cun custo por m² de aproximadamente 130€/m², poderanse facer aproximadamente 7.600 m². " Agradecemos a tua participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos