Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Solución cruces

Mellorar os cruces por onde vai o carril bici

21/05/2019  •  slamelov  •  Toda a cidade

Nos cruces por onde vai o carril bici, como o da Casa do Mar, a circulación das bicis é complexa e insegura, e pódese mellorar con propostas coma esta: https://vimeo.com/86721046 , que xa se aplican en varias cidades. Hai varios cruces semellantes na cidade que poderían usar este sistema, como o citado da casa do Mar ou o de Ramón y Cajal con Avda. de Oza, entroutros.

87.000 €
Aula de Estudio Municipal

Creación dunha aula de estudio municipal

17/05/2019  •  Fernando S  •  Toda a cidade

Propoño a creación dunha aula de estudio municipal con horarios amplios e flexibles nalgunha das instalacións municipais existentes no centro. Actualmente existen duás aulas de estudio na cidade que pertencen a UDC, o CUR (Empresas) e o edificio Xoana Capdevielle. 

Este servizo ven a cumplimentar unha necesidade para as persoas non universitarias ( estudantes de FP, opositores, estudantes bacharelato etc,) que en épocas de exames da UDC non poden acceder as súas aulas de estudio xa que se precisa carnet universitario.

É certo que existen postos nas bibliotecas municipais, pero éstas non son un sitio ideal para os estudantes debido ao nivel de ruido existente. As propias bibliotecas se definen como "espazos abertos" nas que se poden realizar multiples actividades. Ademáis os postos soen ser insuficientes.

103.097 €
Exemplo de raís para bicicleta en escaleiras

Raís nas escaleiras para bicicleta

21/05/2019  •  monchovazquez  •  Toda a cidade

Unha das problemáticas coas que se atopan as persoas usuarias da bicicleta é a existencia de escaleiras. Ante esta infraestrutura, vense na obriga de portear a bici co seu correspondente peso. Isto afecta especialmente a aquelas persoas que transportan cargas relativamente pesadas (por exemplo, a compra do día nas alforxas). Proponse a instalación de raís nas escaleiras para facilitar o porteo de bicicletas.

250.000 €

Bicicoruña electrica e útil para todos

20/05/2019  •  perelita  •  Toda a cidade

Poñer mais estacións de bicicoruña por toda a cidade e cambiar o parque de bicis por eléctricas.

Pouca é a xente con forma física adecuada para subir a ronda de Outeiro ou subir ata o Castrillón. 

Habería que poñer mais estacións por toda a Cidade. As que hai agora chegan a un porcentaxe de poboación moi pequeno. Sería interesante tamén intentar que o servicio chegue ata a área metropolitana.

Poñer cascos encadeados nas estacións para aqueles usuarios que queiran facer uso deles. 

Algunhas das bicis de cada estación deben ter portanenos incorporados ou ben de maneira semellante aos cascos, encadeados pra uso de todos. 

O servicio debe estar aberto as 24horas. 

 

 

 

980.000 €
Labirinto de San Pedro

ARRANXO DO LABIRINTO DE SAN PEDRO

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

O labirinto vexetal do Monte de San Pedro atópase nun estado lamentable. Os percorridos orixinais foron alterados, os arbustos secaron en partes do percorrido e incluso o pavimento presenta fochancas e desperfectos que dan moi mala imaxe da instalación. Proponse a replantación de zonas danadas, así como a implantación de  barreiras que impidan danos na vexetación polo paso por zonas non habilitadas, así como arranxo das fochancas.

200.000 €
Render de rvr-arquitectos

HUMANIZACIÓN DO PASEO DO PARROTE

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Actualmente o Paseo do Parrote  é unha vía que viu reducido o seu uso trala peonilización da Mariña, polo que as suas seccións de viais atópanse sobredimensionadas entre a Mariña e o cruce co paseo Sir John Moore. Ademais, os materiais empregados nalgunhas das beirarrúas atópanse moi deteriorados. Proponse a creación dunha vía de preferencia peonil (30km/h coa posibilidade de utilización de plataforma única), humanización da mesma coa implantación de mobiliario urbán e vexetación, así coma unha redefinición do cruce na zona do Hospital, garantindo un ancho mínimo legal de beirarrúa.  Poderíase estudar a opción de remarcar no pavemento a ubicación da antiga prisión, así como o trazado das murallas que transcurre baixo a rúa.

400.000 €

Cidade Peonil

08/05/2019  •  anxo_gz  •  Toda a cidade

Creo lembrar que segundo a directiva europea a partires do 2023, os centros da cidade terán que ser peonís, eu iría adiantando esa data e ir facendo peonís algunhas rúas da cidade de xeito gradual para que o troco non sexa tan drástico, e non só o faría no centro, senón tamén faría peonís rúas doutros barrios da cidade con pouco tránsito ou rúas pequenas e que dun xeito fosen artellando unha rede de carrís peonís. Qué non todos sabemos ou podemos andar en bicicleta!!.

1.000.000 €
Estación de bicicletas públicas con cuberta na Universidade dekenitra (Marrocos)

Cuberta para as estacións de Bicicoruña

21/05/2019  •  monchovazquez  •  Toda a cidade

Se ben xa foron achegadas outras propostas de aparcadoiros cubertos para bicicletas particulares, enténdese que infraestruturas similares serían positivas para o sistema Bicicoruña. Isto reduciría as avarías derivadas da exposición das bicicletas públicas á intemperie (choiva, luz solar, etc), mellorando a dispoñibilidade do servizo para as persoas usuarias e reducindo significativamente custes de mantemento.

877.250 €
Xardíns Colgantes de Le Havre (Francia)

Xardín Botánico de Galicia

25/04/2019  •  smlebo  •  Toda a cidade

Os Museos Científicos son un dos emblemas da Coruña, aínda que poidan precisar dunha modernización e actualización. Pero xunto aos existentes, boto en falta un dedicado á riqueza da flora do país.

Por iso propoño o estudo do proxecto de creación do Xardín Botánico de Galicia. Un espazo onde se recollan e se explique as especies vexetais galegas (tanto de costa coma de interior) e que sirva tamén para a investigación. Tomando inspiración nos célebres ‘Xardíns colgantes’ de Le Havre (https://es.wikipedia.org/wiki/Jardins_suspendus_(Le_Havre)), situados nun forte na cima dun monte dende onde se domina a panorámica da cidade, proporía a súa localización no Monte de San Pedro, aínda que poderían estudarse outros lugares, coma os peiraos liberados do porto.

Propoño o estudo do proxecto posto que o orzamento non sería suficiente para a construción e posta en marcha do mesmo.

1.000.000 €
EJEMPLO DE UN PASO DE CEBRA ANTIDESLIZANTE

ACONDICIONAR LOS PASOS DE CEBRA CON PINTURAS ANTIRESBALANTE

21/05/2019  •  mayerlyng  •  Toda a cidade

Realizar de manera mas acelerada el acondicionamiento de los pasos de cebra en los cuales los peatones tienden a caerse, a resbalarce, lo cual es peligroso. Realizar los rallados con PINTURAS ANTIRESBALANTE. 

250.000 €