Na Coruña Contas

Volver

Cuberta para as estacións de Bicicoruña

monchovazquez monchovazquez  •  21/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Estación de bicicletas públicas con cuberta na Universidade dekenitra (Marrocos)
Estación de bicicletas públicas con cuberta na Universidade dekenitra (Marrocos)

Código proposta de investimento: 2304

Se ben xa foron achegadas outras propostas de aparcadoiros cubertos para bicicletas particulares, enténdese que infraestruturas similares serían positivas para o sistema Bicicoruña. Isto reduciría as avarías derivadas da exposición das bicicletas públicas á intemperie (choiva, luz solar, etc), mellorando a dispoñibilidade do servizo para as persoas usuarias e reducindo significativamente custes de mantemento.

Proposta en nome de: Colectivo de emerxencia para a presentación de propostas ciclistas de última hora

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Na implantación di sistema de Bicicoruña, no ano 2009, barallouse a posibilidade de incluír unha cuberta en cada estación, pero finalmente descartouse debido o alto custo e que noutras cidades non supuxo unha mellora do servizo. De todos os xeitos a posibilidade de cubrir as estacións e viable. Para calcular o custo da inversión consideramos cubrir as 25 estacións previstas no plan de renovación e ampliación do sistema. Agradecemos a túa participación nos Orzamentos participativos e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos