Na Coruña Contas

Volver

Orzamentos participativos

Millenium de noite

Iluminación do Obelisco Millenium

24/04/2018  •  Iván Seoane  •  Toda a cidade

Xa está ben de desperdiciar monumentos! Temos que poñer en valor todo o que temos, e o Millenium non é un bo exemplo (como moitos outros). Xa é hora de mudar as luminarias que ten no seu interior por unhas con tecnoloxía led, para así poder iluminar este fermoso monumento pola noite e que non fique a escuras como sempre, cousa que dá moi mala imaxe á cidade... (Tamén cómpre facer algo cos terreos baleiros que hai diante).

90.000 €
Si, baixo estas árbores tan fermosas está o único parque do que dispoñemos

Renovación do parque infantil do Complexo Deportivo de Elviña

20/04/2018  •  titasomoza@gmail.com  •  Distrito 3

Os nenos e nenas do Birloque, da Avenida de Glasgow e de Ponte da Pedra só dispoñen na súa contorna dun parque infantil na Praza de Agustín Díaz, no aparcadoiro do Complexo Deportivo de Elviña. Trátase dun parque con sombra e espacio pero que está nun estado  deficiente, co chan totalmente abombado e con xogos moi limitados. Tamén dispón dunha fonte pero non adaptada.

É unha mágoa que este parque estea infrautilizado dado que é un sitio idóneo para que os nenos desta zona poidan desfrutar con seguridade. Ademais, o parque tamén é empregado polos nenos e nenas que van ao Complexo de Elviña, polo que os potenciais usuarios dun parque renovado serían moitos.

Propoño que se renove o equipamento deste parque facéndoo máis axeitado para nenos e nenas de máis idades, arranxar o chan para evitar tropezós e instalar un bebedoiro que poidamos usar sen saír mollados como agora.

40.000 €

Beirarrúas en Avda. San Cristóbal entre O Birloque e Matogrande

13/05/2018  •  virtusanchez  •  Distrito 7

O barrio do Birloque é unha illa entre tráfico pesado: por un lado 3ª Ronda-Lonzas, Avda de San Cristóbal e Avda. de Alfonso Molina. As persoas acceden a Matogrande ó longo da Avda. de San Cristóbal, para cruzar sobre Alfonso Molina, camiñando ou ben polo arcén, ou ben entre o quitamedo é a barandilla. Solicito a instalación de beirarrúas.

100.000 €
imaxe
70.000 €
ZONA DE RECREO INFANTIL

REPARACION PARQUE INFANTIL

14/05/2018  •  48-angel-sam  •  Distrito 1

Solicitamos desde la AAVV de Nostian que se realize un proyecto de reparación para el parque infantil que disponemos en el Campo de Nostian. Las estructuras estan deterioradas por el paso del tiempo y por no ocuparse el ayuntamiento de su mantenimiento

Pedimos su sustitución, ya que ahora mismo estan en muy malas condiciones para el uso de los menores. Ademas la situación de las mismas esta en una pendiente, cuando lo logico sería facilitar un lugar llano para el disfrute de los niños (asi como su recubrimiento para poder disfrutarlos todo el año)

55.500 €
mob.jpg

MESAS MERENDEIRO EN PRAZAS E PARQUES

14/05/2018  •  luis2castros  •  Toda a cidade

Instalación de mesas e banco tipo "merendeiro" en prazas e parques da cidade, de maneira que se poda ampliar o seu uso.

Pódese apreciar o éxito que teñen as que xa temos cada día no parque de Santa Margarida.

Trataríase de aplialas a outras zonas facilitando espazos para merendas infantís, comidas rápizas, esparcemento e xogos, etc

30.000 €

Restauracion lavadoiro publico de Cances de manancial natural

02/05/2018  •  beatrizgomez  •  Distrito 3

Eliminacion de amianto e restauracion de tella do pais dun espazo moi querido e de gran vakor antropoloxico

48.400 €
Captura_de_pantalla_2018-05-14_a_las_23.49.33.jpg

Fontes e baños públicos

14/05/2018  •  manu15  •  Toda a cidade

Dotar de fontes (arranxar as existentes, a maioría non funcionan) e baños públicos os parques da cidade, así como as zonas máis céntricas/turísticas.

250.000 €
barrera_jardin_vertical.JPG

XARDÍN VERTICAL NA RÚA BARREIRA

14/05/2018  •  luis2castros  •  Distrito 10

Mellorar a zona axardinada existente tralos contedores soterrados da rúa Barreira (no cruzamento coa Estreita de San Andrés).

Aproveitar a medianeira que colinda con esta parcela para a creación dun xardín vertical nunha zona cun urbanismo duro.

15.000 €

Bosque en Carlos Casares

12/05/2018  •  slamelov  •  Distrito 10

O parque Carlos Casares, situado ao carón do antigo cárcere, é un espazo aberto con céspede. A proposta é plantar árbores abondo para crear un micro-bosque urbán moi preto dunha zoa protexida como é a contorna da Torre de Hércules. As árbores non só producen sombra e oxíseno, tamén servirían de fogar ás numerosas especies animais da zona, e sería un bo lugar de paseo e de lecer para todas as persoas. Non se trata só de plantar árbores, trátase de proxectar un micro-bosque.

9.600 €