Na Coruña Contas

Volver

Bosque en Carlos Casares

slamelov slamelov  •  12/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1402

O parque Carlos Casares, situado ao carón do antigo cárcere, é un espazo aberto con céspede. A proposta é plantar árbores abondo para crear un micro-bosque urbán moi preto dunha zoa protexida como é a contorna da Torre de Hércules. As árbores non só producen sombra e oxíseno, tamén servirían de fogar ás numerosas especies animais da zona, e sería un bo lugar de paseo e de lecer para todas as persoas. Non se trata só de plantar árbores, trátase de proxectar un micro-bosque.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta persigue a creación dun bosque de pequeno tamaño nun espazo verde de grandes dimensións (para a cidade da Coruña). Se ben é certo que na zona hai árbores prantadas, tamén é certo que non se fixo coa filosofía da proposta, que resulta moi interesante. Estímase un orzamento de 9.600 euros correspondentes a 12 exemplares arbóreos." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos