Na Coruña Contas

Volver

Beirarrúas en Avda. San Cristóbal entre O Birloque e Matogrande

virtusanchez virtusanchez  •  13/05/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 1462

O barrio do Birloque é unha illa entre tráfico pesado: por un lado 3ª Ronda-Lonzas, Avda de San Cristóbal e Avda. de Alfonso Molina. As persoas acceden a Matogrande ó longo da Avda. de San Cristóbal, para cruzar sobre Alfonso Molina, camiñando ou ben polo arcén, ou ben entre o quitamedo é a barandilla. Solicito a instalación de beirarrúas.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Neste intre, a Avenida San Cristobal conta cunha beirarrúa descontinua e inaccesible por riba da Avenida Alfonso Molina. Proponse a ampliación da devandita beirarrúa ata un mínimo de 1,8 m coa finalidade de facela accesible. Do mesmo xeito, proponse continuala ata Matogrande por unha banda, e ata a desembocadura da pasarela peonil no Birloque pola outra, creando dous pasos de peóns nos seus extremos, de xeito que a conexión entre os dous barrios sexa segura a través dela. Para esta actuación, é necesaria a creación de 315 metros lineais de beirarrúa e dous pasos de peóns, o que supón un investimento de 72.000 euros." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • antonio72

    Este tramo é moi perigoso, a diario vexo persoas camiñando polos arcéns das avenidas de San Cristobal e de Alfonso Molina co agravante de que soen ser persoas maiores que necesitan trasladarse dunha zona a outra para facer as suas compras, visitar familiares ou acudir a un centro de saude, sería conveniente ademais limitar a velocidade dos vehículos, por exemplo poñendo bandas rugosas no asfalto que propicien que os vehículos circulen mais despacio e respeten os limites de velocidade establecidos e implantar un paso de peóns por exemplo no carril de acceso da Avda de San Cristobal hacia Alfonso Molina en sentido saida e outro na saida de Alfonso Molina hacia San Cristobal á altura do barco.
    Igualmente sería necesario implantar aceras dende a nova gasolineira de Carbugal na Grela hacia a Avda de San Cristobal, xa que os que queremos vir camiñando dende a Grela sin utilizar o vehículo nos expoñemos a un perigo constante e diario ao camiñar polo arcén con tanto tráfico pesado.

Non hai fitos definidos