A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

MESAS MERENDEIRO EN PRAZAS E PARQUES

luis2castros luis2castros  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  •    1 comentario

mob.jpg
mob.jpg

Código proposta de gasto: 1591

Instalación de mesas e banco tipo "merendeiro" en prazas e parques da cidade, de maneira que se poda ampliar o seu uso.

Pódese apreciar o éxito que teñen as que xa temos cada día no parque de Santa Margarida.

Trataríase de aplialas a outras zonas facilitando espazos para merendas infantís, comidas rápizas, esparcemento e xogos, etc

Informe de custo

A proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Trátase dunha proposta non definida en ningunha localización en particular, que se basa en instalar máis mesas e bancos para o goce da poboación. A análise desta proposta abordarase na mesma liña, simplemente achegando ideas ou suxestións das diferentes tipologías de sitios onde se poderían colocar e cales non. Cando se desenvolva, deberase previamente facer un estudo específico das zonas onde se instalarán. Desde un prisma de organización coherente co funcionamento urbano dunha cidade como A Coruña, parece lóxico que para instalar zonas de bancos e mesas de merienda, deben de cumprirse unha serie de requisitos para evitar desvirtuar espazos ou interferir co seu uso habitual. En principio poderían ser: a) Tamaño mínimo 5000 m2 (tamaño mínimo recomendado pola UE para facer exercicio físico e xa que logo unha dimensión mínima para compatibilizar usos). b) Deseño non urbano. c) Situación afastada das zonas máis céntricas. O uso que ofrece este tipo de instalación é diferente ao destas zonas. No entanto hai excepcións como Santa Margarita. d) Vincularíanse mellor en contextos máis periurbanos e con deseños máis naturalísticos, por exemplo no Parque de san Pedro poida que non encaixe pero si no de Bens." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.