Na Coruña Contas

Volver

Iluminación do Obelisco Millenium

Iván Seoane Iván Seoane  •  24/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Millenium de noite
Millenium de noite

Código proposta de investimento: 902

Xa está ben de desperdiciar monumentos! Temos que poñer en valor todo o que temos, e o Millenium non é un bo exemplo (como moitos outros). Xa é hora de mudar as luminarias que ten no seu interior por unhas con tecnoloxía led, para así poder iluminar este fermoso monumento pola noite e que non fique a escuras como sempre, cousa que dá moi mala imaxe á cidade... (Tamén cómpre facer algo cos terreos baleiros que hai diante).

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "O Concello ten un proxecto que contempla, entre outros asuntos, a reposición do alumeado do Millennium cun custo aproximado de 90.000 euros". Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • siva

    En mi opinión, construir este monumento ya fue un derroche de dinero en su día, y no sé si compensa invertir dinero en él, habiendo otras necesidades más importantes. En todo caso, si se opta por iluminarlo, que sea algo muy sutil y con sistemas que favorezcan el ahorro energético. Y si se acondiciona el entorno, que sea una intervención mínima.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos