Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

birnarem birnarem

Comentarios
Mellora do Auditorio de Santa Margarida
Graciñas!!! Todo o que sexa recuperar do mellor xeito posible espazos de uso comunitario como este incrementa a calidade de vida da cidade ;)
REHABILITACIÓN DO QUIOSCO DA RÚA SAN ROQUE NO CAMPO DA LEÑA (PRAZA DE ESPAÑA)
Se é un ben catalogado que se lle vai a facer, aí non me meto, o patrimonio hai que protexelo. Os outros argumentos si que non me convencen. As beirarrúas pegadas aos edificios na rúa San Roque non son precisamente anchos, e o espazo creado na parte alta non se utiliza máis que puntualmente nas festas de San Xoán e pouco mais, xa que o seu illamento non invita a ser usado, algo que cambiaría se fose un espazo aberto a nivel de rúa. En todo caso rehabilitar a construción e o uso público da mesma sería un avance. Eu optaría máis que para dotar de máis oficinas municipais, aproveitar que se crea un espazo novo, ofrecer ese lugar como espazo de uso das organizacións e a cidadanía para facer reunións ou algunha pequena charla (dependendo dos metros cadrados que se poderían usar). En todo caso, noraboa pola iniciativa.
Peatonalizacion rúa Alta
Outra opción é que só pasen buses pequenos por determinadas zonas. Buses que si teñan capacidade de manobra en rúas estreitas como nalgunhas rúas de Roma e outras grandes cidades.
Papeleras en el entorno de la torre
Os espazos naturais e alonxados como os máis pegados ao mar na zona da Torre non deben levar papeleiras por varias razóns. A primeira é que son zonas naturais nos que a xente debe coller costume de levarse o seu propio lixo. Se levas comida é porque a levaches nunha bolsa unha longa distancia (mochila ou outro tipo de bolsa), pois podes volver a levala de volta, senón non a leves. As papeleiras nesa zona teñen o inconvinte de ser zonas de moito vento e salitre, o que fai que o lixo se esparza e saia do seu contedor. Ademáis afean moito a paisaxe e dan malos olores nun espazo onde o disfrute da natureza debería ser máximo. E o último inconvinte é que o custe de recoller o lixo en espazos tan alonxados polos que normalemente pasa moi pouca xente sería moi alto. Eu creo que deberían estar, como moito, na zona asfaltada e nada máis.
Carril Bici Rúa Nova - Rúa Alta
Imposible técnicamente facer iso. O único posible é compartir bici e coche esa rúa, facéndoa máis amable sinalizando nalgún punto que é unha via de comunicación en bici entre carrís bici. Os coches non teñen espazo para adiantar a unha bici nunha rúa así, polo que simplemente hai que ir polo medio e tranquilos. E quen non se sinta con seguridade cruzar andando pola beirarrúa coa bici ao lado, xa que é un tramo moi curto.
Puesta en valor del Parque de la Antigua Cárcel (Carlos Casares)
Existe unha proposta moi chula para ese mesmo espazo. Penso que deberiades poñervos dacordo e promocionar unha sóa, para que teña máis posibilidades de éxito. Podedes pedir o voto para ambas ou unha sóa delas, pero na seguinte fase si que deberiades de apoiar unha para ter posibilidades de éxito. Aquí a pego: https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1402
Bosque en Carlos Casares
A falta de macrobosque bos son os microbosques! Hai un exemplo moi significativo de bosque dentro da cidade (neste caso nada micro) na cidade de Vilnius, por se podemos coller ideas para un macrobosque noutro lugar que haxa máis espazo: https://goo.gl/maps/srbdmbfWySG2 En todo caso, magnífica proposta!
NATURALIZACIÓN ENTRADA TÚNELES SALGADO TORRES
O primeiro que se debería facer é eliminar os feísimos valados publicitarios, herdanza dos anos oitenta e dun concepto de cidade por e para o coche.
VIVEIRO MUNICIPAL
Pois si, magnífica proposta, e moi necesaria. Noraboa!!!
Peatonalizacion rúa Alta
Comparto a necesidade de que esa rúa sexa máis cómoda para os peóns, pero por desgraza só sería viable se os buses deixaran de circular por San Andrés, xa que máis adiante, na rúa Sol, non é posible que se desvíen pola imposibilidade de xirar nun espazo tan estreito (e nin considero que volvan a circular pola rúa Cordonería, que é unha aberración. Non se me ocorren alternativas a verdade, salvo tirar unha mazá de edificios jeje.
REHABILITACIÓN DO QUIOSCO DA RÚA SAN ROQUE NO CAMPO DA LEÑA (PRAZA DE ESPAÑA)
A verdade é que eu directamente o eliminaría cando rematen as concesións, ou cando se poda liberar. Se mellore como se mellore é un mamotreto e é un espazo moi válido para ampliar as beirarrúas e facer moito máis agradable esa zona, plantando árbores e igualando esa zona central ao nivel de rúa.
REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS
Pois xa fixeches máis ca mín jeje, eu estou comezando a ver agora outras propostas. Estou moi liado en xeral e fixen 4 propostas o día anterior ao peche do prazo, in extremis. Espero que gusten, eu sempre estou dándolle á cabeciña sobre como mellorar o meu día a día e o de todas, non podo evitalo. Se tivera máis tempo seguro que tería feito moitas máis, pero seguro que hai moitas moi chulas que me encantará apoiar. A cotillear!!!
REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS
Xustamente, o ideal sería desviar o tráfico cara arriba na Praza Pintor Sotomayor cara a rúa Corralón, que cambiaría de sentido ata chegar ao Museo de Belas Artes. Así os coches só terían que dar un pequeno rodeo para enlazar novamento co Campo da Leña e a continuación cara a Orillamar. Non lle afectaría que se cortara o paseo marítimo. Penso que é moi razoable que o maior número de usuarios desta vía (Panadeiras) que son os peóns, podan facelo de xeito algo máis cómodo, actualmente é unha tortura camiñar por aí.
REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS
Precisamente, escoitar a persoas poñer inconvintes para humanizar a cidade e facela menos incómoda, en fin. É unha via de comunicación básica para Monte Alto, que comunica co centro e o resto da cidade, e resulta moi incómodo andar por ela, xa non digamos cando vas cun carriño da compra ou de bebé. Por esa rúa pasan moitísimas máis persoas andando que en coche, imos a seguir dando preferencia ás poucas que pasan en coche? Non deberiamos. Ademáis as alternativas permiten un pequeno rodeo moi viable para quen quera chegar a Orillamar ou o Campo da Leña.
REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS
Casualmente fixen unha proposta moi similar, polo que estou recomendando que se vote esta. Pego aquí o enlace, para que o podades ler e enriquecer esta proposta de algún modo. Noraboa a Adrián pola súa boa proposta, ten bo gusto para as propostas ;) https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1445
Ampliar beirarrúas Panadeiras. Continuación senda da Torre cara ao centro.
Importante!!! Como atopei unha proposta similar que pretende exactamente o mesmo, propoño que non se vote á miña proposta e votedes a esta que enlazo aquí de Adrián Martínez, eu farei o mesmo: https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1048
Zonas de traballo e estudo ao aire libre en toda a cidade
Pois si. Nunha mesa podemos traballar, estudar, xogar ao xadrez, a xogos de mesa, a xogos de rol, facer unha reunión dun colectivo pequeno, ... Será responsabilidade nosa darlles uso frecuente. Indicar explícitamente unhas normas cívicas mínimas de respecto a quen usen estes espazos pode axudar tamén.
Mellora do Auditorio de Santa Margarida
Pois si, esa é a idea. É un equipamento só utilizado un par de veces ao ano (principalmente durante a Romaría de Santa Margarida), pero que podería utilizarse frecuentemente para actuacións e concertos. Incluso podería ser un bo lugar para a exposición de traballos de asociacións e pequenas escolas de teatro, música, danza, etc.
Plantación 88 árbores en Avenida Hercules
É unha vía de comunicación a pé desde Monte Alto ata o centro con moito uso. Creo que o ideal é darlle preferencia a anchear beirarrúas e crear unha vía de comunicación a pé cómoda. Nalgún lugar que sexa posible as árbores sempre se agradecen, pero como din por aqui, os carriños de bebé, da compra, cadeiras de rodas, etc deben de poder ir cómodamente pola beirarrúa.
NI UNA CALLE SIN ACERA.
Hai determinadas zonas que pode ser necesario facer unha beirarrúa, pero a tendencia en rúas moi estreitas debe ser ou ben peonalizar ou ben crear zonas residenciais. Iso si, hai que marcalas moi ben e facer campañas que educen ás condutoras no seu uso. As zonas residenciais teñen limitada a velocidade a 20 km/h e ten preferencia o peón en toda a rúa, é dicir, o peón pode cruzar por onde quera e sempre deberá o coche esperar ou darlle preferencia. Digamos que o coche é como un invitado excepcional a eses espazos, e como tal cáse ten que pedir perdon por pasar :P
Máquinas de reciclaje de envases de plástico, latas y vidrio.
Parece máis unha medida a tomar a nível estatal.
Máquinas de reciclaje de envases de plástico, latas y vidrio.
Acaban de estrearse os contedores para aceite en diferentes lugares da cidade.