Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 3

Propostas de investimento non viables: Distrito 3

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
foto6.jpg

Mellora Plaza do libro

24/09/2021  •  Anibal_exp  •  Distrito 3

Desaparición do carril dende Enrique Dequidt na plaza do libro, xa que é un traxecto que se pode sustituir polo existente na rúa Nicaragua.

Unir a plaza a un lateral evitando o seu funcionamineto illado da edifciación.

Canil zona catro camiños

22/09/2021  •  diego.rego  •  Distrito 3

Solicítase un canil na zona de catro camiños que permitiría mellorar a convivencia e uso de espazos públicos das persoas con mascotas co resto da población. Sería valorable que contase con servizo de bebedeiro e elementos que permitan o entrenamento. 

Antes e despois

REURBANIZACIÓN DE MÉDICO RODRIGUEZ CON AVENIDA FINISTERRE

22/09/2021  •  A. Martínez  •  Distrito 3

Trala transformación do aparcadoiro en superficie en Fernando Macías, compre reorganizar este cruzamento cun exceso de carrís de circulación, e illas vexetais non accesibles á poboación.

Proponse xuntar os tres carrís (incluso a opción de manter so 2 dependendo do volume de tráfico) priorizando os xiros e o percorrido recto segundo demanda do tráfico, e a creación de dúas zonas de estancia-verdes nesa grande superficie actualmente adicada ó tráfico, mesmo a modificación dos pasos de peons para facilitar os novos fluxos.

Mobiliario urbán de calidade, vexetación e especies arbóreas melloarían sensiblemente este punto do centro da cidade. 

Estado Actual

Reurbanización do Pasadizo de Pernas

29/09/2021  •  AnaT  •  Distrito 3

A rúa Pasadizo de pernas ten unha configuración na que as beirarrúas son moi escasas e non son accesibles. Ademais está en moi mal estado. Sería necesario reurbanizala por completo creando unha plataforma única que permitise beirarrúas accesibles e suficientes para todos. A inminente reforma do Mercado para centro de saúde reforza a necesidade de que sexa unha rúa accesible e renovada.

Obras en beirarrúas pendentes en Menéndez y Pelayo

29/09/2021  •  AnaT  •  Distrito 3

Coas reformas de Juan Flórez, Pardo Bazán e a recente Pintor Vaamonde quedaron pequenos trozos de beirarrúa sen renovar na Rúa Menéndez y Pelayo. Concretamente o tramo de pares entre Pardo Bazán e Juan Flórez e os dous pequenos tramos de impares entre as mesmas rúas. Sería necesario renovar o pavimento e introducir arboredo na rúa de xeito que quede acorde ao resto de intervencións.

Proposta

Cambio parada de bus Avd Oza 7

28/09/2021  •  SergioMP  •  Distrito 3

Na actualidade, existen grandes conxestións de tráfico provocadas pola alta densidade de tráfico e a parada de bus na altura da Avenida de Oza, número 7, a idea consiste en retrasar esta parada á altura de Río Monelos, coma no outro sentido de circulación, xa que a actual está moi próximas ás paradas da Costa de Palloza, Catro Camiños (Remanso) e Enrique Hervada

Ademáis con este cambio e trala peatonalización de Alcalde Marchesi, a Rúa Primavera é peaonil pero atopase dividida en duas partes pola avenida de oza, e o paso de peons máis cercano non facilita o tránsito peonil. A idea é cambiar este paso de peóns para unha maoir fluidez no tránsito peonil.

En verde aparece o novo paso de peóns, en amarelo a nova localización da parada de bus e en vermello, os elementos a cambiar de ubicación

Creación de carril bici no centro da cidade

20/09/2021  •  pferpe  •  Distrito 3

A pesares de que A Coruña quere moverse cada vez máis en bicicleta, hoxe en día todavía segue sendo perigoso circular en bici por algunhas das rúas máis transitadas como a Rúa Júan Flórez ou San Andrés, obrigando moitas veces a invadir as beirrarúas para esquivar os coches e autobuses. Propoño a creación dunha rede de carril bici, non soamente en ditas arterias principais, senón tamén en todo o centro da cidade, xa que actualmente únicamente se pode circular de forma segura se bordeamos o ensanche (Linares Rivas-Marina ou Paseo Marítimo) ou para ir de Catro Camiños a Matogrande. Unha vez que hai que entrar nalgunhas zonas (Zalaeta, Praza Pontevedra, Praza España, Montealto, Avenida Finisterre...), circular en bicicleta vólvese uha odisea e, moitas veces, un PERIGO. 

Carril bici na subida da Avenida de Arteixo dende Juan Florez.

22/09/2021  •  freedirect1  •  Distrito 3

Para os que viven nos barrios dos Mallos e Sagrada Familia cando volven en bici/patinete dende o centro non hai un percorrido seguro. Penso que sería interesante crear un carril bici de subida dende Juan Florez que suba pola Avenida de Arteixo pasando polo pazo da Ópera ata a Rolda de Outeiro. Soamente sería necesario en subida, xa que en baixada a bici xa colle velocidade e non existe a sensación de inseguridade das subidas.

Con esta actuación, creando carrís bicis nos que as bicis teñan a posibilidade de ir en ambas direccións (os coches só poden baixar polo tramo final da Avenida de Arteixo), dase prioridade as bicis de ir en ambas direccións como se está a facer nas grandes cidades europeas como París.

Tamén habería que estudar a conexión co carril bici dos cantóns facendo a conexión co mesmo na praza de Ourense.

Espazo de Xogos na Praza da Tabacalera

22/09/2021  •  EPL  •  Distrito 3

Propoño que a área de xogos infantís situada na Praza da Tabacalera sexa ampliada e mellor aproveitado todo o espazo. É unha praza na que habitualmente se xuntan a xogar moitas nenas e nenos todas as tardes e as fins de semana. Os xogos que actualmente ocupan o parque non son apropiados para os máis maiores, polo que propoño que se amplíe adaptándose ás usuarias e usuarios máis grandiños. Así mismo podería mellorarse a iluminación da zona, que durante as tardes de inverno é bastante insuficiente. 

Mejorar limpieza, acústica, estética y reducir velocidad en túnel Ramón y Cajal

25/09/2021  •  elena_sarmiento_diez  •  Distrito 3

Mejorar la limpieza del túnel de Ramón y Cajal,  mejorar también la iluminación del túnel, instalar bandas rugosas para reducir la velocidad de los coches, mejorar la acústica del túnel y decorar las paredes.