Na Coruña Contas

Volver

Reurbanización do Pasadizo de Pernas

AnaT AnaT  •  29/09/2021  •  Distrito 3  • 

Estado Actual
Estado Actual

Código proposta de investimento: 3311

A rúa Pasadizo de pernas ten unha configuración na que as beirarrúas son moi escasas e non son accesibles. Ademais está en moi mal estado. Sería necesario reurbanizala por completo creando unha plataforma única que permitise beirarrúas accesibles e suficientes para todos. A inminente reforma do Mercado para centro de saúde reforza a necesidade de que sexa unha rúa accesible e renovada.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos