Na Coruña Contas

Volver

Carril bici na subida da Avenida de Arteixo dende Juan Florez.

freedirect1 freedirect1  •  22/09/2021  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 2976

Para os que viven nos barrios dos Mallos e Sagrada Familia cando volven en bici/patinete dende o centro non hai un percorrido seguro. Penso que sería interesante crear un carril bici de subida dende Juan Florez que suba pola Avenida de Arteixo pasando polo pazo da Ópera ata a Rolda de Outeiro. Soamente sería necesario en subida, xa que en baixada a bici xa colle velocidade e non existe a sensación de inseguridade das subidas.

Con esta actuación, creando carrís bicis nos que as bicis teñan a posibilidade de ir en ambas direccións (os coches só poden baixar polo tramo final da Avenida de Arteixo), dase prioridade as bicis de ir en ambas direccións como se está a facer nas grandes cidades europeas como París.

Tamén habería que estudar a conexión co carril bici dos cantóns facendo a conexión co mesmo na praza de Ourense.

Localización: Avenida de Arteixo

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos