Na Coruña Contas

Volver

Creación de carril bici no centro da cidade

pferpe pferpe  •  20/09/2021  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 2846

A pesares de que A Coruña quere moverse cada vez máis en bicicleta, hoxe en día todavía segue sendo perigoso circular en bici por algunhas das rúas máis transitadas como a Rúa Júan Flórez ou San Andrés, obrigando moitas veces a invadir as beirrarúas para esquivar os coches e autobuses. Propoño a creación dunha rede de carril bici, non soamente en ditas arterias principais, senón tamén en todo o centro da cidade, xa que actualmente únicamente se pode circular de forma segura se bordeamos o ensanche (Linares Rivas-Marina ou Paseo Marítimo) ou para ir de Catro Camiños a Matogrande. Unha vez que hai que entrar nalgunhas zonas (Zalaeta, Praza Pontevedra, Praza España, Montealto, Avenida Finisterre...), circular en bicicleta vólvese uha odisea e, moitas veces, un PERIGO. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos