Resultados da busca
Hai 2 propostas de investimento que conteñen 'Seguridade cidadá'

PASO DE PEÓNS AVENIDA ARTEIXO. LIMITE DISTRITO 10 E DISTRITO 4
24/09/2021 • • Distrito 10
Sendo coñecedores de diferentes peticións individuais e grupais feitas por veciñas e veciños da zoa de Vioño e Os Mallos; sendo conscientes da perigosidade á que nos enfrentamos cada día moitas persoas que cruzamos a Avenida de Arteixo de xeito incorrecto por unha senda "creada" polo uso; sendo observadores, ademais da disposición dun paso de peóns con anterioridade á pasarela peonil que se atopa á altura do IES Urbano Lugrís, presento a SOLICITUDE de estudo e investimento da colocación dun paso de peóns, regulado pola mesma frecuencia semafórica dos pasos existentes á altura da Cafetería Padock e do Centro Cívico dos Mallos, Á ALTURA DO NUMERO 90 da avenida de Arteixo nunha das marxes e do número 125 na marxe dos impares.
A urxencia e insistencia nesta petición ven motivada, mais que pola necesidade, pola propia seguridade de todos os veciños que usamos a senda. O seu uso está mais que demostrado pola propia anchura da senda, que cada vez é maior, pero acontecen, en ocasións, sucesos que poñen en perigo a seguridade viaria, tales como caídas, carreiras, sustos de conductores que ven cruzar por diante peóns, persoas esperando para cruzar no arcén, etc.
Entendemos que, si a frecuencia do semáforo é a mesma que a dos existentes anterior (Padock) e posterior (Centro Cívico) aproveitando que os coches están parados, non debería influir na fluidez do tráfico.
Recordemos que entre os semáforos existentes hai casi 300 metros pero dase unha circunstancia a ter en conta. Na marxe correspondente a Vioño, non hai supermercados nin panaderías, por exemplo. Deste xeito, existe unha grande afluencia de veciñas e veciños de tódolos portais que pegamos co parque que acudimos aos Mallos a Eroski, peixería, carnicería, librería, hostelería, etc que se atopa xusto enfrente. Por este motivo, existe a senda na mediana da Avenida de Arteixo.
A necesidade de accesibilidade, por tanto, non é un capricho, a acredita o uso constante e continuado que facemos desa zoa de paso que imos seguir usando diariamente, co risco que iso ocasiona.
Nas súas mans está solucionar esta situación que pode ocasionar accidentes indesexables.

Iluminación da pista de futbito, baloncesto, e demais..., alcalde salorio suarez
21/09/2021 • • Distrito 10
Proposta de alumeado nas horas permitidas por normativa do concello, da pista Alcalde salorio Suarez. Os veciños desexan facer deporte con algo de luz, e chegado o inverno, non é posible. Suxerimos unha iluminación acorde á discriminación horaria