Na Coruña Contas

Volver

Espazo de Xogos na Praza da Tabacalera

EPL EPL  •  22/09/2021  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 2919

Propoño que a área de xogos infantís situada na Praza da Tabacalera sexa ampliada e mellor aproveitado todo o espazo. É unha praza na que habitualmente se xuntan a xogar moitas nenas e nenos todas as tardes e as fins de semana. Os xogos que actualmente ocupan o parque non son apropiados para os máis maiores, polo que propoño que se amplíe adaptándose ás usuarias e usuarios máis grandiños. Así mismo podería mellorarse a iluminación da zona, que durante as tardes de inverno é bastante insuficiente. 

Localización: Praza da Tabacalera

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos