A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Mostrando 11 - 11 dun total de 11 proposta de investimento clasificada como 'carril bici' en todos os ámbitos

trazado_carril_bici_ronda_outeiro.jpg
Toda a cidade

CARRÍL BICI EN RONDA DE OUTEIRO

  5 comentarios  •  09/05/2018  •  lrf

Proponse a execución dun carril bici desde a rotonda situada na avenida Gerardo Porto (paseo marítimo/ Millenium), ata o barrio Pescadores.

Todo o desenvolvemento do carril bici discorre pola Rolda de Outeiro, conectando o carril bici do paseo marítimo, o barrio dos Rosales, o centro de Educacion a Distancia UNED, IES Rafael Dieste, fundación Padre Rubinos, Parque de San Pedro de Visma e campos de fútbol, pasando a través da Rotonda do Pavo Real e subindo pola Rolda de Outeiro ata o barrio Pescadores onde se sitúan os centros de educación IES Agra do Orzan (Infantil e secundaria) e o Complexo Deportivo Agra 1 e centro Ágora.

O trazado escollido xustifícase co posible desenvolvemento de vías ciclistas alternativas de pendente reducida como poden ser a rúa Jaime Hervada que conecta co centro de saúde do Ventorrillo e conexión co Polígono industrial da Grela.

Proposta valorada o ano pasado

250.000 €