Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

Propostas de investimento non viables: Distrito 8

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
rede_ciclable.JPG

Conexión do carril-bici metropolitano

04/10/2021  •  Mobi-Liza  •  Distrito 8

A creación do carril-bici metropolitano foi un gran impulso para a mobilidade ciclista na cidade da Coruña e na súa área metropolitana; pois fundamentalmente favoreceu unha conexión doada, cómoda e segura en bicicleta entre A Coruña e municipios da área. Sería inviable ver pola estrada toda a cantidade de persoas que se desprazan en bici por este carril-bici.

Sen embargo, o tramo da avenida da Pasaxe, dende o bar a Terraza ata a Ponte da Pasaxe quedou mal resolto; pois as bicicletas vense na obriga de compartir unha beirarrúa estreita con peóns, na que se conta con múltiples obstáculos (farolas, sinalización, caixas de luz, etc.) e que ademais ultimamente non hai iluminación. Polo tanto, dende Mobi-liza propoñemos que este carril-bici bidireccional baixe á calzada ocupando o actual carril de circulación máis próximo á beirarrúa (o cal é claramente imprescindible).

Reacondicionamento do mercado municipal de Palavea para uso da xuventude

30/09/2021  •  MartaPC  •  Distrito 8

Proponse darlle unha nova vida ao edificio do Mercado Municipal de Palavea, agora en desuso, convertendoo nun espazo de aproveitamento para a xuventude e mocidade deste barrio, reacondicionando o espazo e dotandoo de biblioteca, zona de reunións de usos múltiples, ludoteca e equipamento informático para ofrecer aos rapaces e rapazas alternativas de ocio nun espazo cuberto e seguro, que lles axude no seu desenvolvemento como cidadáns responsables en comunidade

Humanizar a Rúa Castiñeiriño

30/09/2021  •  MartaPC  •  Distrito 8

Urbanizar a Rúa Castiñeiriño, amañando o firme e dotandoa de bancos, papeleiras e servizos mínimos para facilitar a vida da veciñanza e o seu desfrute

Acondicionamiento del parque que crearon en el monte Mero

03/10/2021  •  raquelnunezorjales  •  Distrito 8

Está muy abandonado el parque que hace años crearon ya con muy pocos recursos en el ayuntamiento.  Podían acondicionarlo para que no se vea abandonado y sí cuidado y mantenido.

Beirarrúa en Agra do Foxo-Monte Mero

30/09/2021  •  Mercepalavea  •  Distrito 8

A beirarrúa que transcorre  a carón da Fábrica de Armas  e a Av  de Alfonso Molina acábase  ao chegar á desviación cara  a Agra do Foxo. Os vehículos (camións, autobuses  e  turismos) que veñen pola avenida  collen o desvío cara Agra do Foxo con bastante velocidade. Os veciños que subimos cara a Agra do Foxo temos que ir por un arcén cubierto pola vexetación os arriscarnos  a invadir a calzada. Os peóns precisamos dunha beirarrúa pola nosa seguridade, principalmente para niños e persoas maiores que utilizan esta zona para pasear.

 

 

 

Estacións de BiciCoruña en Xuxán

22/09/2021  •  partisano  •  Distrito 8

Precísase unha ou dúas estacións de BiciCoruña no barrio de Xuxán, dado que os habitantes deste barrio estamos totalmente desconectados da cidade. Xa que nin sequera chega o bus urbán, que menos que instalar estacións de BiciCoruña no barrio, que paga os mesmos impostos que o resto da cidade.

Recollida de augas pluviais en Palavea

30/09/2021  •  anaponte  •  Distrito 8

No grupo de vivendas de Santa Cristina en Palavea, os dias de chuvia, corre a auga dende a autopista AP9 cara oas vivendas de xeito torrencial. Proponse unha inversion para crear un sistema que recolla as pluviais e evite riadas

Humanización Avenida da Pasaxe

04/10/2021  •  maboro  •  Distrito 8

Como sucede con Alfonso Molina, a Avenida da Pasaxe semella unha autopista. Propoño unha humanización que debe comezar coa retirada da actual mediana e a substitución por árbores, que tamén teñen que ser prantados nas beirarrúas.

Acondicionar Carretera Zona Fontaiña

30/09/2021  •  MartaPC  •  Distrito 8

Acondicionar o firme da carretera da zona Fontaiña, o firme atópase en mal estado e precisaría un novo asfaltado para poder utilizala como vial de desprazamento para a veciñanza deste barrio.

Un tramo é de titularidade municipal e daría acceso ao mirador restaurado recientemente polo Concello

Placa_Nome_Lugar_Eirís

Cando non hai placa que poña onde estás. Toponimia e Patrimonio

04/10/2021  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Para a maioría da xente da cidade é habitual levantar a vista nun cruce e poder ler unha placa na que pon o nome da rúa ou praza na que se atopan. Pero non para todas. 

No barrio de Eirís, e máis concretamente nas zonas nas que non hai edificios, nin beirarúas, raro é ver unha placa co nome do lugar no que se está.  Salvemos a toponimia e a micro-toponimia como parte do noso Patrimonio. 

En 20 anos pedíndoo, chegaron a levar os nomes a outros barrios (cousas como ter que ver "Casanova de Eirís" no Castrillón).

Queremos que se coloquen placas cos nomes que xa teñen os lugares. 

O mesmo que a maior parte da cidade onde non hai placas: O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Pero que non cambien os nomes das rúas. 

Que poñan eses mesmos nomes de rúa que usa o Concello para enviarnos as cartas para que paguemos os impostos!!