Na Coruña Contas

Volver

Reacondicionamento do mercado municipal de Palavea para uso da xuventude

MartaPC MartaPC  •  30/09/2021  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 3379

Proponse darlle unha nova vida ao edificio do Mercado Municipal de Palavea, agora en desuso, convertendoo nun espazo de aproveitamento para a xuventude e mocidade deste barrio, reacondicionando o espazo e dotandoo de biblioteca, zona de reunións de usos múltiples, ludoteca e equipamento informático para ofrecer aos rapaces e rapazas alternativas de ocio nun espazo cuberto e seguro, que lles axude no seu desenvolvemento como cidadáns responsables en comunidade

Localización: Edificio Mercado Municipal de Palavea

Proposta en nome de: Asocio Socio-Cultural Campo de Pena - Palavea

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos