Na Coruña Contas

Volver

Cando non hai placa que poña onde estás. Toponimia e Patrimonio

monicaeiris monicaeiris  •  04/10/2021  •  Distrito 8  • 

Placa_Nome_Lugar_Eirís
Placa_Nome_Lugar_Eirís

Código proposta de investimento: 3607

Para a maioría da xente da cidade é habitual levantar a vista nun cruce e poder ler unha placa na que pon o nome da rúa ou praza na que se atopan. Pero non para todas. 

No barrio de Eirís, e máis concretamente nas zonas nas que non hai edificios, nin beirarúas, raro é ver unha placa co nome do lugar no que se está.  Salvemos a toponimia e a micro-toponimia como parte do noso Patrimonio. 

En 20 anos pedíndoo, chegaron a levar os nomes a outros barrios (cousas como ter que ver "Casanova de Eirís" no Castrillón).

Queremos que se coloquen placas cos nomes que xa teñen os lugares. 

O mesmo que a maior parte da cidade onde non hai placas: O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Pero que non cambien os nomes das rúas. 

Que poñan eses mesmos nomes de rúa que usa o Concello para enviarnos as cartas para que paguemos os impostos!!

Localización: Eirís

Proposta en nome de: Asociación Vecoñal de Eirís "Uío Carré"

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos