Na Coruña Contas

Volver

Conexión do carril-bici metropolitano

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  04/10/2021  •  Distrito 8  • 

rede_ciclable.JPG
rede_ciclable.JPG

Código proposta de investimento: 3604

A creación do carril-bici metropolitano foi un gran impulso para a mobilidade ciclista na cidade da Coruña e na súa área metropolitana; pois fundamentalmente favoreceu unha conexión doada, cómoda e segura en bicicleta entre A Coruña e municipios da área. Sería inviable ver pola estrada toda a cantidade de persoas que se desprazan en bici por este carril-bici.

Sen embargo, o tramo da avenida da Pasaxe, dende o bar a Terraza ata a Ponte da Pasaxe quedou mal resolto; pois as bicicletas vense na obriga de compartir unha beirarrúa estreita con peóns, na que se conta con múltiples obstáculos (farolas, sinalización, caixas de luz, etc.) e que ademais ultimamente non hai iluminación. Polo tanto, dende Mobi-liza propoñemos que este carril-bici bidireccional baixe á calzada ocupando o actual carril de circulación máis próximo á beirarrúa (o cal é claramente imprescindible).

Localización: Avenida da Pasaxe

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Os terreos sobre os que se propón a actuación non son municipais Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Usuario eliminado  •  06/10/2021 23:05:37

    Totalmente de acordo con esta proposta, ese treito debe ser mellorado.
    Mais había que ir alén diso e repensar a ligazón da vía ciclista xa non coa ponte da Pasaxe cara Sª Cristina senón (polo alto) con Fonteculler, pola man da ría (por baixo xa está ligada pola costa peonil que baixa do semáforo para o propio paseo da ría, mais por riba hai unha beirarúa por tramos complicada para compartir entre ciclistas e peóns).

    Sen respostas
Non hai fitos definidos