Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 2

Propostas de investimento non viables: Distrito 2

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
IMG_20210923_1936302.jpg

Humanización da Rúa Salgado Somoza

04/10/2021  •  Julia  •  Distrito 2

A rúa Salgado Somoza é unha rúa estreita que carece de beirrarrúas para uso dos transéuntes, apenas conta cunha trazado no chan que en moitos casos é insuficiente para a seguridade dos viandantes, nun tramo que  é utilizado por moitos  escolares por tratarse dun punto de acceso  ao CEIP de Zalaeta e no que os vehículos incorporanse a moi alta velocidade sen respectar a proximidade de dúas zonas escolares e a cercanía dos  portais dos residentes.  O asfaltado da rúa está en condicións pésimas,  sería necesario un pavimentado novo. A rúa necesita unha reforma integral que ofreza a  creación dunha beirrarúa en condicións para a seguridade dos  transeúntes e veciños, un pavimentado novo e a limitación de velocidade para os vehículos que accedan a ela, cunha boa sinalización ou ben instalando bandas rugosas.

REFORMA DO CAMPO DE MARTE E OS SEU ENTORNO

04/10/2021  •  Belona  •  Distrito 2

Dende a Asociación de Nais e Pais Parque de Belona, do CEIP Curros Enríquez, propoñermos levar a cabo unha reforma do Campo de Marte e o seu entorno, enfocándose principalmente nos seguintes puntos:

 

FIRME

O máis urxente sería arranxar o firme, que está cheo de baches, algúns de gran tamaño, que provocan caídas a nenos e maiores e impiden a práctica de deporte e o uso de bicis e monopatíns. O chan da zona de xogos tamén está nun estado lamentable, con buratos e zonas levantadas, debería ser renovado na súa integridade.

 

ZONAS VERDES

Tamén as zonas axardinadas están en mal estado, o céspede descuidado, os bordillos rotos e sen pintar, A reforma na nosa opinión debería promover que as zonas verdes puidesen ser disfrutadas polos usuarios do parque, facilitando o acceso ás mesmas para o xogo e o paseo. Para iso, podería reformularse a actual situación das mesmas como zonas exclusivamente ornamentais e sería moi necesario tamén promover conductas cívicas entre os propietarios de cans, para evitar a gran cantidade de defecacións que se poden atopar nestas zonas, que finalmente rematan nos zapatos dos nenos que xogan por alí. 

O arborado deste parque é a súa mellor característica, a actuación de reforma debería estar enfocada a facer un mantemento e conservación das especies arbóreas existentes e plantar outras novas para conseguir zonas de sombra e manter o ambiente do parque.

 

MOBILIARIO URBANO

A práctica totalidade dos bancos do parque están rotos e lles faltan barras. Non pretendemos en ningún momento que estes bancos se sustitúan, porque cumplen perfectamente a súa función, son cómodos e funcionais e normalmente outros máis modernos dan peor resultado. Sería suficiente con reparalos e pintalos e engadir algún máis en determinadas zonas.

A iluminación, sobre todo na zona de xogos, é claramente insuficiente, compre instalar máis farolas en todo o parque

Tamén compre reparar as fontes existentes e instalar algunha máis, aumentar o número de papeleras e instalar algunha mesa.

 

ZONA DE XOGOS

Este parque é moi utilizado polos nen@s do barrio, e a zona de xogos é a todas luces insuficiente para eles. Habería que aumentar os elementos de xogo, crear zonas diferenciadas para xogos de pequenos e maiores e instalar pérgolas ou zonas cubertas para protexerse da choiva e do sol.

 

ENTORNO

O parque debe ter pasos de peóns en todos o seus accesos, ben pintados e con sistemas de reducción da velocidade do tráfico que circule pola zona. 

Bótase en falta a existencia dun paso de peóns na avenida de Hércules, na porta de atrás do colexio Curros Enríquez, sería moi necesario porque os nenos do colexio entran por ahí a diferentes actividades e ao comedor e actualmente os pasos de peóns existentes están moi lonxe desa entrada.

 

Este proxecto de reforma non é ambicioso nen esixe un presuposto elevado, podería ser afrontado fácilmente polo Concello e melloraría sustancialmente un espazo emblemático e moi utilizado pola veciñanza da zona.

 

A reforma vense solicitando recurrentemente nas propostas de orzamentos participativos dos diferentes anos.

No ano 2019 presentárase á comunidade educativa do colexio, así como ás asociacións e entidades da zona un proxecto de reforma deste espazo, que finalmente nunca chegou a materializarse. 

 

Dende entón, o deterioro foi avanzando e actualmente urxe levar a cabo estas actuacións tan necesarias e demandadas por todos os veciños da zona.

 

ACCESO DENDE RUA SAN AMARO A PASEO MARITIMO

20/09/2021  •  manoel-anxo  •  Distrito 2

ACCESO DENDE RUA SAN AMARO, FINAL DA COSTA, AO PASEO MARITIMO POÑENDO UNHA VIA PARA AS SILLAS DE RODAS PARA XENTE MAIOR E MINUSVALIDOS. LEVAMOS ANOS PEDINDO ESTE ACCESO, XA QUE E IMPOSIBLE ACCEDER A ESTA XENTE. E A UNICA VIA DE ACCESO PARA SAIR DE CASA EN SILLA DE RODAS, XA QUE O ANGULO DE INCLINACION DA COSTA ATA A RUA DA TORRE E DE MAIS DUN 45%. FAGAN ALGO PARECIDO O ACCESO DENDE O CEMITERIO PARA O PASEO MARITIMO, ACCESO EN ZIGZAG ADEMAIS DUNHA ESCALEIRA.

Estado actual da rúa

Mellora da rúa Santa Luisa de Marillac

29/09/2021  •  Al15002  •  Distrito 2

Actualmente a rúa Santa Luisa de Marillac conta con beirarrúas moi estreitas e descoidadas, o que non permiten a movilidade con certa comodidade. Tendo en conta que hai unha farmacia e oficina de correos o número de peons que a transitan é mais alto que a capacidade da mesma. Ademáis dun dos lados o aparacamento é en batería o que implica que os coches invadan a propia beirarrúa e sexa todavía máis pequena. 

A proposta implicaría un cambio das losas da beirarrúa ca súa ampliación, para iso pasaría o aparcamento en batería a serie. Tamén podería optarse pola colocación de xardineiras ou algún árbol para dar máis atractivo a rúa.

Paso de peóns elevado en Ramón del Cueto

04/10/2021  •  JOSEG  •  Distrito 2

O cruce entre as rúas Ramón del Cueto e Curros Enríquez, ao carón do edificio da Cruz Vermella é perigoso porque os vehículos van a gran velocidade costa abaixo. É preciso instalar o paso de peóns elevado, semellante ao que se atopa máis abaixo ao carón do patio do Ceip de Zalaeta. E un cruce utilizado polis escolares e veciños do barrio.

Estado actual del talud gunitado bajo el muro de contención

Cobertura vegetal talud Colegio Víctor López Seoane

30/09/2021  •  ctp  •  Distrito 2

El Colegio Víctor López Seoane, en la cara que da a la Ronda de Monte Alto presenta una imagen muy pobre, al unirse el muro de contención con el gunitado del talud bajo el mismo. Ya que no es viable la mejora estética del muro dentro de los presupuestos participativos, se propone al menos revegetar ese talud con una manta vegetal para mejorar el impacto estético en la zona.

Rematar urbanización e pavimentación da Calle Atocha Alta

24/09/2021  •  aalvarez  •  Distrito 2

Bos días,

gustaríame propor a reurbanización e pavimentación da rúa Atocha Alta entre a praza Cantigas da Terra e a praza Juan Manuel Iglesias Mato.

Cos presupostos de anos anteriores acometeuse o tramo que vai dende a rúa da Torre ata a praza Cantigas da Terra.

Propoño continuar a actuación ata a praza Juan Manuel Iglesias Mato, de maneira que quede rematada toda a rúa.

Moitas grazas.

 

Antes e despois da proposta de rehabilitación

REHABILITACIÓN DO QUIOSCO DA RÚA SAN ROQUE NO CAMPO DA LEÑA (PRAZA DE ESPAÑA)

22/09/2021  •  A. Martínez  •  Distrito 2

Recuperación deste quiosco, ben como edificio para servizos municipais (socioculturais, turismo, oficinas), ben mediante a unificación dos baixos comerciais para alugar toda a súa superficie.Este cambio de uso e configuración permitiría a recuperación e unificación estética da edificación e a súa imaxe externa, hoxe en día deturpada.

Peatonalización calle San José

23/09/2021  •  mery  •  Distrito 2

Las dimensiones actuales de esta calle impide el paso de ambulancias, camión de la basura, bomberos, etc (servicios minimos) al permitir el estacionamiento en ambos lados de esta calle.

Por ello solicito o bien el estacionamiento en un sólo lado de la calle o bien la peatonalización completa de la misma.

 

CalleTorre_ParadaBus.JPG

Ampliar aceras en Calle de la Torre (Parada bus)

27/09/2021  •  Sisu  •  Distrito 2

El tramo de la Calle de la Torre que se anchea al pasar el Campo de Marte (justo antes de coger su recta final hacia plaza de España), es un espacio donde predominan las aceras estrechas y un excesivo espacio para los coches, que únicamente propicia la doble fila y el caos de circulación. Sería bueno pensar en reorganizar el flujo de vehículos en esta zona, ampliando aceras y unificándolas con la parada de autobuses urbanos que siempre está tan concurrida y actualmente ocupa una escasa isleta en medio del tráfico.