Na Coruña Contas

Volver

Humanización da Rúa Salgado Somoza

Julia Julia  •  04/10/2021  •  Distrito 2  • 

IMG_20210923_1936302.jpg
IMG_20210923_1936302.jpg

Código proposta de investimento: 3577

A rúa Salgado Somoza é unha rúa estreita que carece de beirrarrúas para uso dos transéuntes, apenas conta cunha trazado no chan que en moitos casos é insuficiente para a seguridade dos viandantes, nun tramo que  é utilizado por moitos  escolares por tratarse dun punto de acceso  ao CEIP de Zalaeta e no que os vehículos incorporanse a moi alta velocidade sen respectar a proximidade de dúas zonas escolares e a cercanía dos  portais dos residentes.  O asfaltado da rúa está en condicións pésimas,  sería necesario un pavimentado novo. A rúa necesita unha reforma integral que ofreza a  creación dunha beirrarúa en condicións para a seguridade dos  transeúntes e veciños, un pavimentado novo e a limitación de velocidade para os vehículos que accedan a ela, cunha boa sinalización ou ben instalando bandas rugosas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos