Na Coruña Contas

Volver

REFORMA DO CAMPO DE MARTE E OS SEU ENTORNO

Belona Belona  •  04/10/2021  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 3570

Dende a Asociación de Nais e Pais Parque de Belona, do CEIP Curros Enríquez, propoñermos levar a cabo unha reforma do Campo de Marte e o seu entorno, enfocándose principalmente nos seguintes puntos:

 

FIRME

O máis urxente sería arranxar o firme, que está cheo de baches, algúns de gran tamaño, que provocan caídas a nenos e maiores e impiden a práctica de deporte e o uso de bicis e monopatíns. O chan da zona de xogos tamén está nun estado lamentable, con buratos e zonas levantadas, debería ser renovado na súa integridade.

 

ZONAS VERDES

Tamén as zonas axardinadas están en mal estado, o céspede descuidado, os bordillos rotos e sen pintar, A reforma na nosa opinión debería promover que as zonas verdes puidesen ser disfrutadas polos usuarios do parque, facilitando o acceso ás mesmas para o xogo e o paseo. Para iso, podería reformularse a actual situación das mesmas como zonas exclusivamente ornamentais e sería moi necesario tamén promover conductas cívicas entre os propietarios de cans, para evitar a gran cantidade de defecacións que se poden atopar nestas zonas, que finalmente rematan nos zapatos dos nenos que xogan por alí. 

O arborado deste parque é a súa mellor característica, a actuación de reforma debería estar enfocada a facer un mantemento e conservación das especies arbóreas existentes e plantar outras novas para conseguir zonas de sombra e manter o ambiente do parque.

 

MOBILIARIO URBANO

A práctica totalidade dos bancos do parque están rotos e lles faltan barras. Non pretendemos en ningún momento que estes bancos se sustitúan, porque cumplen perfectamente a súa función, son cómodos e funcionais e normalmente outros máis modernos dan peor resultado. Sería suficiente con reparalos e pintalos e engadir algún máis en determinadas zonas.

A iluminación, sobre todo na zona de xogos, é claramente insuficiente, compre instalar máis farolas en todo o parque

Tamén compre reparar as fontes existentes e instalar algunha máis, aumentar o número de papeleras e instalar algunha mesa.

 

ZONA DE XOGOS

Este parque é moi utilizado polos nen@s do barrio, e a zona de xogos é a todas luces insuficiente para eles. Habería que aumentar os elementos de xogo, crear zonas diferenciadas para xogos de pequenos e maiores e instalar pérgolas ou zonas cubertas para protexerse da choiva e do sol.

 

ENTORNO

O parque debe ter pasos de peóns en todos o seus accesos, ben pintados e con sistemas de reducción da velocidade do tráfico que circule pola zona. 

Bótase en falta a existencia dun paso de peóns na avenida de Hércules, na porta de atrás do colexio Curros Enríquez, sería moi necesario porque os nenos do colexio entran por ahí a diferentes actividades e ao comedor e actualmente os pasos de peóns existentes están moi lonxe desa entrada.

 

Este proxecto de reforma non é ambicioso nen esixe un presuposto elevado, podería ser afrontado fácilmente polo Concello e melloraría sustancialmente un espazo emblemático e moi utilizado pola veciñanza da zona.

 

A reforma vense solicitando recurrentemente nas propostas de orzamentos participativos dos diferentes anos.

No ano 2019 presentárase á comunidade educativa do colexio, así como ás asociacións e entidades da zona un proxecto de reforma deste espazo, que finalmente nunca chegou a materializarse. 

 

Dende entón, o deterioro foi avanzando e actualmente urxe levar a cabo estas actuacións tan necesarias e demandadas por todos os veciños da zona.

 

Localización: CAMPO DE MARTE

Proposta en nome de: ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS PARQUE DE BELONA - CEIP CURROS ENRÍQUEZ

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos