Na Coruña Contas

Volver

REHABILITACIÓN DO QUIOSCO DA RÚA SAN ROQUE NO CAMPO DA LEÑA (PRAZA DE ESPAÑA)

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Distrito 2  • 

Antes e despois da proposta de rehabilitación
Antes e despois da proposta de rehabilitación

Código proposta de investimento: 2946

Recuperación deste quiosco, ben como edificio para servizos municipais (socioculturais, turismo, oficinas), ben mediante a unificación dos baixos comerciais para alugar toda a súa superficie.Este cambio de uso e configuración permitiría a recuperación e unificación estética da edificación e a súa imaxe externa, hoxe en día deturpada.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos